Colaboradores

Logotipo RC Celta Baloncesto
RC Celta Baloncesto
Presidente:  Carlos Álvarez Pácios
Oficina:  Avda. Castrelos, 1 (I.M.D.) 36210 Vigo
Horario:  de luns a venres de 18 h. a 20 h.
Liga:  Feminina de Baloncesto 2
Email:  celtabaloncesto@hotmail.com

Celta Selmark venceu, o pasado sábado, na primeira fase da Copa Galicia de baloncesto feminino, ao C.B. Arxil de Pontevedra por un contundente 64 a 49. As viguesas enfrontaranse en semifináis ao Maquinaria Ensino o vindeiro venres, ás 18.30 h, no pavillón de Esteiro de Ferrol.

 

Celta Selmark venceu, o pasado sábado, na primeira fase da Copa Galicia de baloncesto feminino, ao C.B. Arxil de Pontevedra por un contundente 64 a 49. As viguesas enfrontaranse en semifináis ao Maquinaria Ensino o vindeiro venres, ás 18.30 h, no pavillón de Esteiro de Ferrol.

 

Noa_begoTras a disputa do amigable en Lugo, onde Celta Selmark derrotou a Ensino (44-50), as viguesas inician as últimas tres semanas de pretempada coa mirada posta no sábado 26 de Outubro, data do inicio ligueiro en Navia. Antes de chegar a esa cita, ademais da correspondente carga de traballo técnico e físico, tres paradas esperan á nova escuadra.

 

Segue a pretempada do Celta Selmark, mañá o equipo que dirixe Carlos Colinas desprázase a Lugo onde xogará o seu cuarto partido, tras a súa participación no Torneo de Portugal, e o primeiro partido da Copa Galicia.

 

Celta_20.09.13Trátase da base valenciana Begoña Pallardó e a pivot mallorquina Nogaye Lo. Acompañadas do vicepresidente do club celeste Carlos Álvarez e do seu adestrador, Carlos Colinas, as mozas fichaxes -21 e 17 anos respectivamente- foron presentadas, o pasado venres, en VIDE ante os medios de comunicación.

 

celta_selmarkNogaye Lo, xogadora internacional de 17 anos, incorporouse onte ao equipo vigués que xa traballa co equipo ao completo. A base Begoña Pallardó, fixoo o pasado xoves, co que o seu adestrador, Carlos Colinas, conta xa con todo o equipo a excepción da fichaxe que queda por concretar: unha aleiro alta.

 

 

O equipo vigués comezou onte os adestramentos de cara a preparar a nova tempada 2013/14 onde competirá na Liga Feminina 2. O seu técnico, Carlos Colinas, quixo empezar dous meses antes do seu primeiro compromiso ligueiro -26 de outubro, en Navia, fronte ao Café Barco de Badajoz- para facer unha preparación específica das canteranas e xogadoras do equipo júnior.

 

celta_pallardoCelta Selmark conta cunha nova xogadora no seu equipo. Trátase da base Begoña Pallardó (Valencia, 1992), formada na canteira de Ros Casares. Tras completar a súa etapa no club levantino, militou posteriormente en Cidade de Burgos (tempada 10-11) e en Pavillón Ourense durante as dúas últimas campañas, todas elas en Liga Feminina 2. Base de 1.68 m, Pallardó destaca pola súa intensidade e criterio no xogo colectivo.

 

Non puido ser, as nenas do Celta de baloncesto caeron derrotadas no día de onte en oitavos de final do Campionato Nacional infantil que se está a celebrar en Lanzarote. Cunha abultada derrota, 34-61, despídese do torneo.

 

Vitoria do Celta Selmark no Campionato de España infantil de baloncesto, que se está a celebrar en Lanzarote. As viguesas gañaron na xornada de onte ao Franciscanos Adeba por 74-60. Hoxe enfrontaranse, en oitavos de final, ao campión do grupo "F", o Easo 99 Pagoa, campión de Euskadi.

 

As infantís do Celta Selmark perderon ante o Estudiantes A, o segundo partido do Grupo Edel do Campionato de España infantil feminino de baloncesto que se está a disputar en Lanzarote. Por un 67-39 as celestes non puideron co potencial das madrileñas, pero manteñen as súas posibilidades de clasificarse para oitavos de final. Necesitan pra iso gañar hoxe ao Franciscanos Adeba.

 
Tras conversacións mantidas por ambas as dúas partes nas últimas semanas, Selmark e Celta- Bosco continuarán ligados durante a tempada 2013/2014. A empresa viguesa, punteira no sector da lenzaría feminina, seguirá dando nome ao primeiro equipo da entidade céltico, consolidando deste modo unha vinculación que comezou en Outubro de 2012. Este patrocinio reforza o proxecto deportivo da próxima tempada que en próximas datas comezará a construirse.
 
celtaselmarkO Club Deportivo Bosco terá patrocinador principal privado para o seu primeiro equipo ata final de tempada. O Celta Bosco, da Liga Feminina 2, chámase desde hoxe mesmo Celta Selmark, tras o acordo alcanzado entre a directiva bosquista e asínaa líder do sector de roupa íntima en España.

Logo dunha tempada sen patrocinador privado, o Celta recupera apoios no sector empresarial. Selmark é o quinto mecenas que se une ao baloncesto feminino local tras Banco Simeón (1996-2004), Vigourban (2004-2007) e Indepo (2007-2011).

Agora, Selmark, con presenza nos cinco continentes e en máis de 40 países, pasa a formar parte da historia desta entidade que, sen dúbida, saberá revitalizarse nun futuro e regresar á elite nacional.

 

recepcionwebO alcalde da cidade, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes de Vigo, Manel Fernández, felicitaron este mércores ás xogadoras, corpo técnico e directiva do Celta Bosco.

Hai exactamente sete días, o equipo conseguiu a permanencia matemática na Liga Feminina.

No ano que máis difícil o tivo a entidade (remodelación do grupo de xogadoras, máis novo que nunca, e orzamento económico moi recortado ao ser a primeira tempada sen patrocinador privado), o Celta sufriu relativamente menos que noutras oportunidades e a tres partidos para o final do campionato resolveu a súa salvación.

 

annaO vindeiro día 14, mércores, o Celta Bosco pode celebrar a súa salvación de forma matemática.

A dúas xornadas para o final do campionato (tres para celestes e pamplonicas, que teñen un partido aprazado ante rivais de Euroliga), as de Carlos Colinas encamiñaron a salvación tras o seu último triunfo fronte a La Seu (64-53) e pola derrota de Obenasa en Pamplona (90-94) contra o Sóller este venres logo dunha prórroga.

O mércores, no Multiusos de Navia (21:00 horas), as viguesas salvaranse se gañan... ou sempre que o Obenasa navarro caia media hora antes no polideportivo Arrosadía fronte ao Ros Casares valenciano, o único equipo que non perdeu un só partido no torneo regular esta tempada.

 
sara-11-12O Multiusos de Navia aparece como decisivo para o Celta Bosco na súa batalla pola permanencia na Liga Feminina. Este sábado o Celta xogará na nova pista fronte ao Gran Canaria 2014.

Con dous meses para concluír a competición máis curta da historia (fase regular), febreiro pode supor para as de Carlos Colinas o despegamento definitivo, xa que catro dos seis partidos previstos ese mes que mañá comeza serán en Vigo.

 
damirisDantas xogará o encontro da mañá do sábado nas Travesas (12:00) diante do Zaragoza.

Onte foi bronce nos Xogos Panamericanos de Gualaxara (México). E as súas bágoas foron captadas polo fotógrafo.

 

 

374celta presentacion_ anna_vucurovic_1Cando se achega o fin do primeiro mes de traballo para o equipo de Liga Feminina do Celta Bosco, chega a primeira ondada grande de partidos. Coa Copa Galicia xa comezada, a busqueda dun bo ritmo de competición leva a engadir amigables que vaian engraxando e perfeccionando a máquina celeste.

 
carlos_colinasO equipo dirixido por Carlos Colinas viaxa hoxe a Portugal onde disputará un encontro amigable. A totalidade do equipo que leva adestrando dende o día 1 e sairá esta tarde ás 17.30 horas con destino Vagos, onde disputará o que será o seu segundo partido de pretempada a partir das 20:00 horas (horario portugués).

 

374celta presentacion_ anna_vucurovic_1Hoxe mércores a partir das 20,30 horas no pavillón Wurzburg de Salamanca o equipo dirixido por Carlos Colinas xogará o seu primeiro partido amigable de pretempada. O equipo ten prevista a súa saída de Vigo ás 11,30 da mañá de hoxe e regresase tras o partido.