Colaboradores

Logotipo Balonmán Seis do Nadal-Coia
Balonmán Seis do Nadal-Coia
Presidente:  María Prechi
Oficina:  R/Mondariz, 2 36209 Vigo
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas. - Grupo A
Email:  seisdonadal@seisdonadal.com

seis_nadal_campionO combinado Sénior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputará a final da Segunda División Sénior Feminina co ascenso á 1ª División Autonómica Feminina xa asegurado. O conxunto adestrado por Jorge Martínez, Óscar Álvarez e Xosé Rodríguez, primeiro clasificado do Grupo Sur da Segunda División Sénior Feminina cun balance de catorce vitorias e dúas derrotas nos dezaseis partidos xogados, disputará a final da competición ante o primeiro clasificado do Grupo Norte, o CB Burela.

 

Vitoria do Magope Seis do Nadal-Coia ante o Granitos Ibéricos por 30-29 o sábado no pavillón de Coia, na última xornada da Primeira Estatal masculina de balonmán, que de pouco lle valeu aos vigueses ao vencer ao Xiria en Redondela, esfumáronse as súas opcións de meterse na promoción de ascenso de categoría.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia venceu con moito traballo ao Pavillón Orense nun partido cunha primeira parte moi igualada. Xa no segundo tempo, os vigueses reaccionaron sendo superiores e levandose os puntos. A próxima xornada, última desta tempada, reciben ao Granitos Ibéricos. O partido será o sábado 12 de marzo ás 19 horas no pavillón de Coia.

 

Vitoria do Magope Seis do Nadal-Coia ante o Calvo Xiria (27-25) nun partido importante para os de Coia que aínda están a loitar por entrar na fase de ascenso á categoría superior. A próxima xornada enfróntanse ao Pavillón Orense a domicilio. O encontro será o sábado 5 de abril, ás 18.30 h.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia venceu sen problemas ao BM. Artabro Novo Mesoiro por 28-40. Os vigueses con este triunfo consolidan as súas aspiracións de pelexar polo ascenso. A próxima xornada recibirán ao Calvo Xiria. O partido será o sábado 29 de marzo, ás 18.30 h. no Pavillón de Coia.

 

Cómodo triunfo do Magope Seis do Nadal-Coia ante un inferior Emb. Lalinense BM. Lalín por 33-26 no pavillón de Coia. A próxima xornada os vigueses enfrontaranse ao BM. Artabro Novo Mesoiro a domicilio. O partido xogaráse o sábado 22 de febreiro, ás 18.30 h.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia caeu derrotado na cancha do Mecalia Novás por 31-28. O heroe do partido foi o porteiro Malvar, ao ter que substituír a Kevin, que sufriu unha grave lesión. A próxima xornada os de Coia reciben ao Embutidos Lalilense BM Lalín. O encontro será o sábado 15 de marzo, ás 18 h. no pavillón de Coia.

 

Vitoria do Magope Seis do Nadal-Coia ante o Plastic Omnium por 25-19. Encontro con primeira parte igualada, yéndose os vigueses ao descanso con dous goles por debaixo. Xa na segunda parte, os vigueses igualaron o marcador e a partir de aí, cunha excelente defensa e unha grande actuación de Bolly, acabaron gañando de 6.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia venceu, na mañá de onte, ao Luceiros Cangas por 25-34. Os vigueses dominaron de principio a fin sacando partido das ausencias do equipo do Morrazo, segundo clasificado da categoría. A próxima xornada recibirán en Coia, ao S.A.R. Plastic Omnium, o sábado 22 de febreiro, ás 18.30 h.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia venceu na mañá de onte ao OAR Coruña (34-26) no pavillón e Coia. Os visitantes levaron a iniciativa toda a primeira metade. Tras a lesión do coruñés Pedro, o Magope reaccionou e rematou gando cunha diferenza de oito goles. A próxima xornada os de Coia enfrontaranse ao Luceiros, o domingo 16, ás 12.30 h. no pavillón municipal El Gatañal de Cangas do Morrazo.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia empatou o sábado na sua cancha ante o Vitaldent BM. Pontevedra con resultado de 25-25. Cunha primeira metade mala por parte viguesa chegando ao descanso con seis goles por debaixo, os de Coia reaccionaron na segunda parte do encontro e acabaron salvando un valioso empate. A próxima xornada o Magope volverá a xogar en Coia. Será o domingo 9 de febreiro, ante o O.A.R. Coruña. O encontro comezará as 12.30 h.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia caeu derrotado ante o Cisne por 29-27 na sua cancha. Partido disputado con moita igualdade aínda que a iniciativa a levou case todo o encontro o equipo local. Os vigueses non se renderon pero, a falta de dous minutos, a expulsión de Pablo deixouno ko. A próxima xornada reciben na súa pista ao Vitaldent BM. Pontevedra. Será o sábado 1 de febreiro, ás 18.30 h.

 

Encontro moi disputado o sábado no pavillón de Coia entre o Magope Seis do Nadal-Coia e o Cinco Jotas U.B. Lavadores  con resultado de 25-24.  Con alternativas constantes no marcador durante todo o xogo, chegaron ao descanso cun empate de 11-11.

 

Victoria do Magope Seis do Nadal-Coia ante o Bueu a domicilio (19-22). Os de Coia xogaron un disputado encontro con grande acerto na defensa. A próxima xornada recibirán na sua cancha a Las Cinco Jotas UB Lavadores. Emocionante derbi que se disputará o sábado 18, ás 18.30 horas no Pavillón e Coia.

 

O derbi vigués de Primeira Nacional foi para o Magope Seis do Nadal-Coia ao vencer ao Granitos Ibéricos por 22-31. Os primeiros quince minutos foron para os locais pero tres goles consecutivos de Alexandre deron a volta ao marcador e fixo que os de Coia levasen os puntos.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia venceu na sua cancha ao último da táboa, o Pabellón Ourense,  por un claro 37-22. Partido xogado no pavillón de Coia sen moitos problemas para os vigueses. Na segunda metade os do Seis do Nadal aumentaron a súa diferenza de goles ata poñerse cunha renda de 15 o seu favor.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia caeu derrotado o sábado en Carballo, ante o Calvo Xiria por 25-21. Partido moi igualado na primeira metade pero os vigueses perderon ritmo na segunda parte sufrindo a expulsión de Escudero. A próximo sábado o equipo vigués recibe ao BM. Pavillón Ourense ás 12.30 h. no pavillón de Coia.

 

20131128_rueda_agrupacion_deportiva_seis_nadal_002O próximo domingo día 1 de decembro do 2013 terá lugar a presentación oficial da Agrupación Deportiva Seis do Nadal - Coia no pavillón Central de As Travesas a partir das 18:00 horas. A Presentación de todo os integrantes da Agrupación coincide coa celebración dos "30 Anos de Historia".

 

Partido complicado para o Magope Seis do Nadal-Coia que recibia ao Artabro (37-33) e púxolle as cousas difíciles especialmente na primeira parte que dominaron en todo momento. Reaccionaron os locais na segunda parte dándolle a volta ao marcador para levarse finalmente os puntos.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia caeu derrotado en Lalín ante o Embutidos por 33-25. Os locais levaron sempre a vantaxe no marcador que non reflicte a igualdade que houbo durante todo o encontro. A próxima xornada, a décima, o vigueses reciben ao BM. Artabro. Será o domingo, no pavillón de Coia, ás 12.30 h.