Colaboradores

Logotipo Balonmán Seis do Nadal-Coia
Balonmán Seis do Nadal-Coia
Presidente:  María Prechi
Oficina:  R/Mondariz, 2 36209 Vigo
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas. - Grupo A
Email:  seisdonadal@seisdonadal.com

Campeonas gallegasO Seis do Nadal Coia infantil feminino proclamouse campión galego da División de Honor unha semana antes de concluír o campionato. As viguesas adxudicáronse o título autonómico tras vencer este pasado fin de semana na cancha do Moaña por 17-31.

 

O Magope Seis do Nadal Coia superou un novo obstáculo no camiño que leva a xogar a fase de ascenso a División de Honra Prata. O seu verdugo, nesta xornada, foi o Vitaldent Balonmano Pontevedra ao que derrotou por 23-27.

 

O Magope Seis do Nadal Coia tivo que empregarse a fondo para manterse unha semana máis na segunda posición da táboa. Como se prevía, o Calvo Xiria presentouse en Coia coa intención de non descolgarse da loita por xogar a fase de ascenso e púxolle as cousas moi difíciles a un equipo, o vigués, que non puido celebrar a vitoria ata o último minuto.

 

O Magope Seis do Nadal Coia venceu ao OAR por 26-29 e conseguíu manterse unha semana máis na segunda posición da táboa de Primerira Estatal. Foi un triunfo moi sufrido e traballado por parte del equipo que adestra Jorge Fernández. E é que,como xa se agardaba, o OAR loitou dende o primeiro minuto para que os dos puntos quedasen na casa obrigando ao Magope a despregar o seu mellor xogo.

 

Carmen Prelchi en lanzamientoA xogadora do Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia, Carmen Prelchi, volveu a recibir a chamada do seleccionador do equipo xuvenil Jenaro Félix. Nesta ocasión, foi convocada para participar na fase clasificatoria do Campionato de Europa. O combinado nacional concentrarase do 15 ao 19 de marzo en Guadalaxara e posteriormente viaxará a Montenegro para disputar esa fase de clasificación.

 

O Magope Seis do Nadal Coia deu este sábado un paso moi importante no seu obxectivo de clasificarse para xogar a fase de ascenso a división de honra prata masculina. A vitoria ante o Construciones Castro Chapela (27-23) permítelle recuperar a segunda posición e avantaxar nun punto, máis o golaverage particular, ao equipo de Fran Teixeira. Foi un triunfo moi traballado que reforza a moral e a confianza do equipo.

 

Foto de equipo Distevi Seis do Nadal CoiaO Distevi Seis do Nadal Coia proclamouse campión da División de Honra infantil masculina Autonómica a falta de tres xornadas para que conclúa a liga e sen perder ningún partido. A superioridade do equipo que adestra Mingos foi moi grande esta temporada.

 

O Magope Seis do Nadal Coia prolongou en O Rosal a súa xeria negativa de resultados. Os de Jorge Fernández aumentaron a 3 o número de xornadas consecutivas sen coñecer a vitoria tras caer ante o Acanor Atlético Novás por 30-27.

 

Con este titular resumiu o adestrador do MAGOPE Seis do Nadal Coia, Jorge Fermández, o encontro que enfrentrou ao seu equipo co Embutidos Lalinense Balonmano Lalín este pasado sábado. E é que o acerto baixo paus do porteiro visitante decantou a vitoria a favor do seu equipo por 22 goles a 24 nun partido xogado con moita intensidade en ambas as defensas.

 

O Magope Seis do Nadal Coia derrotou a domicilio ao ED Poio Artai por 18-27 nun partido sen demasiadas complicacións. Os de Jorge Fernández dominaron o xogo e o marcador desde o primeiro minuto aínda que algunhas imprecisións e rexeites mal controlados mantiveron con vida ao Poio (7-9, min.25) na primeira parte.

 

Nova vitoria do Magope Seis do Nadal-Coia, esta vez na casa ante o E.D. Poio Artai (37-22). Os de Coia non tiveron problemas para vencer os de Poio gañando con comodidade o que os fai seguir á fronte da táboa de clasificación. A próxima xornada desprazaranse a Lalín para enfrontarse ao Embutidos Lalinense, o encontro será sábado 18 de outubro ás 18 h.

 

Superioridade do Magope Seis do Nadal-Coia, no pavillón de Lavadores, ante Las Cinco Jotas no primeiro derbi vigués da tempada (23-35). Os de Coia seguen líderes da clasificación. Esta fin de semanana, a cuarta xornada da 1ª Estatal masculina,   o Magope recibe ao E.D. Poio Artai. O encontro será o sábado 11 de outubro, ás 18.30 h., no pavillón de Coia. Las Cinco Jotas UB Lavadores enfróntase ao Luceiros a domicilio. O encontro xogarase o domingo, 12 de outubro.

 

balonmanoLas Cinco Jotas UB Lavadores e Magope Seis do Nadal-Coia, enfrontaranse este sábado, a partir das 18.30 h, no pavillón de Lavadores, na terceira xornada da Primeira Estatal masculina de balonmán. Os dous equipos vigueses levan sorte dispar neste inicio de tempada, os locais veñen de perder as dúas primeiras xornadas de Liga ante Vitaldent Pontevedra e Artabro Novo Mesoiro, mentres que os de Coia venceron ao Granitos Ibéricos Carballal e SAR Plastic Omnium. Emonionante encontro onde se espera que as dúas afecciones gozen do balonmán da nosa cidade.

 

O Magope Seis do Nadal venceu o sábado ao SAR Plastic Omnium, por 28 a 20, no Pavillón de Coia. Os redondelanos foron superiores no arranque do encontro, pero unha boa reacción viguesa  tempo fixo que os de Coia sentenciasen o encontro antes do descanso.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia venceu onte ao Granitos Ibéricos por 22-29 no primeiro derbi vigués da Primeiro Nacional Masculina de balonmán. Encontro, xogado no Pavillón de Carballal, tivo unha primeira metade moi igualada, tras o descanso, os de Coia saíron a por todas, conseguindo unha vantaxe que lle permitiu levar os puntos sen problema. A próxima xornada o Magope recibirá na súa cancha ao S.A.R. Plastic Omnium. O encontro será o sábado 27, ás 18.30 h.

 

Un verán moi exitoso o que están a ter os xogadores do Magope Seis do Nadal-Coia de balonmán. Tras o triunfo, a semana pasada, do Trofeo Concello de Vigo, esta fin de semana gañoulle ao SAR por 21-23. Os vigueses comezarán a Liga en Primeira Estatal o próximo 21 de setembro, ante o Granitos Ibéricos, a domicilio.

 

trofeo_balonmanOnte a festa do balonmán vigués celebrouse en As Travesas baixo a boa organización do Academia Octavio e a colaboración dos outros clubes de élite da nosa cidade, Unión Balonmán Lavadores, Asociación Deportiva Carballal e Club Balonmán Seis do Nadal-Coia, que participaron no evento cos equipos de Cadetes e Sénior Masculino.

 

seis_copaDespois de gañar nas semifinais nun gran partido ao S.D. Chapela por 21-25, o Magope Seis do Nadal non puido sorprender a un Bm. Porriño, que demostrou a súa categoría ABF, para controlar o encontro a partir do minuto 20 da primeira parte.

 

Na sede da Federación Española de Balonmano tivo lugar, onte, o sorteo da Primeira Nacional masculina de balonmán. Dous equipos vigueses adheridos ao programa Siareiros de VIDE militan nesta categoría. O Magope Seis do Nadal-Coia e o Cinco Jotas Unión Balonmán  Lavadores.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia, que milita na primeira nacional de balonmán, fichou o porteiro procedente do Academia Octavio, Pablo Chantada, ademais de Nani, do Carballo, e Pedro, do OAR. Serán baixas para esta nova tempada, Adrián, Antón Rey, Roberto, Escudero, Antón Piñeiro e Bangueses. Os de Coia iniciarán os adestramentos o próximo 5 de agosto e xogará o seu primeiro partido o 17, en a Galiciala Copa Galicia, ante o Lalín. A principios de setembro participarán tamén no Torneo Víctor de Lis.