Colaboradores

Logotipo Balonmán Seis do Nadal-Coia
Balonmán Seis do Nadal-Coia
Presidente:  María Prechi
Oficina:  R/Mondariz, 2 36209 Vigo
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas. - Grupo A
Email:  seisdonadal@seisdonadal.com

O Magope Seis do Nadal Coia mantense invicto na casa. Onte impúxose ao Vitaldent Balonmano Pontevedra, 29- 23, e sumou a súa terceira vitoria no que vai de liga. Os vigueses sentenciaron o encontro nos dez primeiros minutos de partido cun parcial de 9-2, un duro golpe para o equipo da Cidade do Lérez que se viu totalmente desbordado polo xogo dos locais.

 

O Magope Seis do Nadal Coia non logrou sorprender ao Construciones Castro Chapela no seu feudo e regresou a Vigo de bailero. Perdeu por 31-26 , un partido igualado na súa primeira parte e con claro dominio local na segunda.

 

O Magope Seis do Nadal Coia impúxose ao Luceros por 30-27 e recobrou a confianza no seu xogo antes de visitar a cancha do potente Construcciones Castro Balonmano Chapela, ao que se enfrontará a vindeira semana.

 

O Magope Seis do Nadal-Coia veuse tamén coas mans baleiras do seu desprazamento a Carballo. Os de Jorge Fernández perderon ante o Calvo Xiria por dez goles de diferenza (26-16) nun partido no que tiveron moitos problemas para superar a gran defensa exercida polo seu rival. 

 

O Magope Seis do Nadal Coia de Primeira Nacional superou con total autoridade ao Bm Artabro Novo Mesoiro, a pasada fin de semana, no partido correspondente á primeira xornada de liga. O resultado final, 43-19, fala ben ás claras do que sucedeu nos 60 minutos. O partido foi un monólogo do equipo vigués. Ao descanso a diferenza era xa de 18 goles (26-8).

 

seisO Magope Seis do Nadal Coia de División de Honra Prata feminina espera con impaciencia e ilusión o comezo da nova tempada, tras sete semanas de preparación que deixaron boas sensacións tanto en adestramentos como en amigables. As coianas abren o pano do curso 2015-2016 recibindo o sábado ás 17.30 horas ao outro equipo vigués da categoría, o Carballal.

 

O Seis do Nadal Coia logrou adicarlle a Víctor Lis a vitoria nos dous partidos que se disputaron este sábado no pavillón de Coia con motivo do seu Memorial. O equipo de División de Honra Prata feminina impúxose á SAR por 30-23 tras levar o dominio do xogo e o marcador durante todo o encontro.

 

A familia do Seis do Nadal Coia volverase a reunir este sábado para lembrar a Víctor Lis. O clube vigués organiza no pavillón de Coia unha nova edición do Memorial que homenaxea ao xogador da casa falecido en 2006 a causa dunha grave enfermidade.

 

O sorteo do calendario da tempada 2015-2016 na División de Honra Prata feminina quixo que os dous equipos vigueses da categoría véxanse as caras na primeira xornada de liga. A última fin de semana de setembro o Magope Seis do Nadal Coia levantará o telón do novo curso deportivo na casa ante a recentemente ascendida AD Carballal.

 

seisdonadalO Distevi Seis do Nadal Coia non poderá contar a axuda da súa afección na loita polo título nacional infantil masculino. O clube que preside Antón Piñeiro solicitou a organización desa fase final do Campionato de España pero a Real Federación Española de Balonmano concedeulla finalmente ao Balonmano La Roca barcelonés.

 

SeisO Seis do Nadal Coia contará cun representante na final do Campionato de España infantil masculino. O Distevi impúxose este domingo ao Maristas Ademar León no último partido do sector e clasificouse para a cita nacional. Os campións galegos derrotaron ao equipo leonés por 29 goles a 26 tras levar o control do xogo durante os 50 minutos.

 

Asefa Salud Seis do Nadal Coia infantil femeninoUnha semana despois de acoller a celebración do sector cadete feminino, o pabellón de Coia será escenario do sector infantil masculino no que se verán as caras Distevi Seis do Nadal Coia, San Sebastián de los Reyes, Balonmano Cáceres e Maristas Ademar de León.

 

Seis do Nadal vs AceuchalO Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia concluíu a súa participacón no Sector Cadete Feminino cunha vitoria ante o EMD Aceuchal (35-32) que lle permitiu ocupar o terceiro caixón do podio. Un triunfo que o equipo adicou á afección, pola seu incondicional apoio durante toda o campionato.

 

Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia cadete femeninoO Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia abrirá este venres ás 18.30 horas a fase sector B do Campionato de España de balonmán de categoría cadete feminina que organiza o Seis do Nadal Coia durante tres días no pavillón de Coia. As actuais campioas galegas estrearanse na competición, ante o HV CCR Esemcyl valisoletano.

 

Asefa Salud Seis do Nadal Coia. Infantil femeninoO Distevi Seis do Nadal Coia loitará por un posto na final do Campionato Estatal de Clubes de balonmán de categoría infantil masculina na casa. E é que a Federación Española de balonmán concedeu ao Seis do Nadal Coia a organización do Sector A desa categoría.

 

seisnadal prebenxaminO Torneo Interescolar de Balonmán base que organizou esta pasada fin de semana o Club Balonmano Seis do Nadal Coia, foi todo un éxito e serviu para demostrar o tirón que ten este deporte na nosa cidade.

 

Tiempo muertoO Seis do Nadal Coia organizará a Fase Sector A Cadete feminina do Campionato Estatal de clubs de balonmán. Será do 22 ao 24 de maio. Nesa cita, o representante vigués, o Globalmar Sealand Seis do Nadal Coia (campión da División de Honra galega), loitará por un posto na fase final nacional ante o Jofemesa Oviedo (campión asturiano), o HV CCR Esemcyl valisoletano (1º na súa liga) e o EMD. Aceuchal de Extremadura.

 

seis nadalO Magope Seis do Nadal Coia despediuse da tempada 2014-2015 cunha sabor agridoce. Logrou vencer a domicilio ao Promens Cañiza por 23-30, pero a xornada non foi propicia aos seus intereses. O Acanor Atlético Novás cumpriu co previsto e tamén gañou en Bueu así que o equipo vigués quedouse ás portas de xogar a fase de ascenso a División de Honra Prata.

 

O Magope Seis do Nadal Coia sufriu un duro traspés nesta xornada. Perdeu na cancha do Luceros (23-21) e cedeu o segundo posto ao Acanor Atlético Novás, que non fallou ante o colista.

 

O Magope Seis do Nadal Coia liquidou con relativa comodidade o partido correspondente á vixésimo sétima xornada e a falta de tres partidos para que conclúa a fase regular de Primeira Estatal mantense na segunda posición aínda que cos mesmos puntos que o terceiro, o Acanor Atlético Novás, que tamén se mantén firme na pelexa por xogar os play off de ascenso.