Colaboradores

Logotipo U.B. Lavadores
U.B. Lavadores
Presidente:  Iván Pérez Souza
Oficina:  Fragoso, 84 - 4º E 36210 Vigo
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas. - Grupo A
Email:  ublavadores@yahoo.es

O Club Unión Balonmán Lavadores conseguiu un novo patrocinador para o equipo de 1ª autonómica feminina, NZ AUSTRALIS, empresa dedicada á comercialización de produtos conxelados, sobre todo á importación e exportación.

 

vigo rugby zarauzO Academia Octavio encaixou a súa décima derrota (15-25). Os vigueses caeron nas Travesas ante Palma de Río, nun partido cunha primeira parte igualada (9-9) pero onde se afundiu na segunda metade pola súa incapacidade ofensiva. Esta fin de semana viaxa a Barcelona para enfrontarse ao Lassa.

 

Octavio, Celta Baloncesto, Xuvenil, Vigo, Las Cinco Jotas, Amfiv e Blusens perderon nos seus respectivos compromisos ligueiros, só o Magope gañou no seu desprazamento a A Cañiza e o Bembrive que empatou en Valladolid.

 

O derbi vigués de Primeira Estatal disputado na matinal de onte concluíu con repartición de puntos. O Magope Seis do Nadal Coia xogou a medio gas e acabou cedendo un empate a 24 ante Las Cinco Jotas UB Lavadores.

 

lavadoresO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, apoiou o venres pola tarde ao Celta Baloncesto, no Pavillón de Navia, e o sábado por la tarde ao Unión Balonmán Lavadores, no Pavillón de Lavadores, na presentación de todos os seus equipos para a tempada 2015/16.

 

Las Cinco Jotas UB Lavadores perdeu o sábado ante o Servi-Auto Bueu At. por 30-20, nun partido con clara superioridade dos locais. Este fin de semana as de viguesas recibirán ao BM. Saeplast Cañiza na octaba xornada de la Primeira Estatal. O encontro será o sábado 14, ás 18.30 h. no Pavillón de Lavadores.

 

Las Cinco Jotas UB Lavadores caeron derrotados o sábado ante o Galserco de Porriño (30-27) nun partido igualado onde os dous equipos aspiran a manter a categoría. Nos últimos minutos do encontro, os locais conseguiron vantaxe de catro goles que lle darían a vitoria final. Esta fin de semana, os de Lavadores enfrontaranse a domicilio ao Servi-Auto Bueu At.

 

Partido moi emocionante con constantes alternancias no marcador, o que enfrontaron Las Cinco Jotas UB Lavadores e un grande equipo, o OAR Coruña, que aínda non perdeu e ao que na segunda parte se lle remontaron cinco goles e mesmo o equipo vigués no último ataque para gañar. Ao final, empate no pavillón de Lavadores por 29-29. Un punto que vén moi ben e a semana que vén a Porriño.

 

Las Cinco Jotas UB Lavadores enfrontábase onte ao SAR Plastic Omnium cun resultado de 21-21, nun partido onde os locais se puxeron por diante no marcador pero pouco a pouco os vigueses plantaron cara rematando o encontro con repartición de puntos. Esta semana, os de lavadores recibirán o OAR Coruña, o partrido será o sábado 24, ás 18.30 h.

 

Las Cinco Jotas UB Lavadores venceu ao Vitaldent BM. Pontevedra (30-29) nun partido emocionante o do sábado pola tarde en Lavadores, cunha grande primeira parte que os levou ao descanso con 5 goles de vantaxe 18-13. Na reanudación, coa lesión de Nando e a expulsión do porteiro, complicáronse as cousas, o que levou ao ultimo minuto empatados a 29 e que se resolveu cun gol de Bruno, a falta de tres segundos para o final, para deixar o marcador en 30-29. Esta fin de semana a intentar puntuar en Redondela contra a SAR.

 

Las Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado o sábado ante o Construcións Castro BM Chapela, en Redondela, nun partido pobre onde na segunda parte os locais foron superiores levando a vitoria (28-20). Esta semana, os vigueses recibirán ao Vitaldent BM. Pontevedra. O encontro comezará as 18.30 h. no pavillón de Lavadores.

 

O UB Lavadores tras perder a categoría a pasada campaña, recupera a praza que tiña na Primeira Estatal, grazas ao ascenso do Cisne a División de Honra B, ademais de que o BM Camariñas renunciou á mesma. A tempada comenzará o vindeiro 27 e os de Lavadores recibirán no seu pavillón ao BM. Luceiros.

 

Non puido ser. O Cinco Jotas UB Lavadores di adeus á Primeira Estatal de balonmán masculino. Aos vigueses servíalles para salvar a categoría un empate, pero a falta de corenta segundos para o final, un gol de Martín deu o triunfo ao Goldie Xiria (24-25).

 

Os de Lavadores deberán seguir esperando pola salvación tras perder o sábado na casa ante o Construcións Castro Chapela por 22 a 34. Superioridade do equipo visitante que deixa aos vigueses pendentes dos resultados da próxima xornada, que se enfrontará ao O.A.R. Coruña a domicilio.

 

O Acanor Novás sufriu máis do esperado para vencer a Las Cinco Jotas UB Lavadores na tarde do sábado (30-24). Bo partido dos vigueses que loitaron para conseguir os puntos que lle faltan para asegurar ala permanencia. A próxima xornada reciben ao Construcións castro BM Chapela, o partido será o sábado 18, ás 18.30 h. no pavillón de Lavadores.

 

Importante vitoria de El Cinco Jotas UB Lavadores na cancha do Poio Artai por 22-25. Tras chegar ao descanso perdendo por catro goles (13-9), os locais foron inferiores e finalmente cederon os puntos. Os vigueses reciben a próxima xornada ao Embutidos Lalinense, o encontro será o sábado 28, ás 20.30 h. no pavillón de Lavadores.

 

Enfrontábanse no pavillón de Lavadores El Cinco Jotas UB Lavadores e o Servi-Auto Bueu (29-27). Tras un mal comezo dos locais, o Cinco Jotas realizou unha magnífica segunda parte e conseguiu levar os dous puntos, moi importantes de cara a manter a categoría. A próxima xornada os vigueses enfróntanse ao E.D. Poio Artai a domicilio.

 

Partido complicado a priori para os vigueses ante o S.A.R. Plastic Omnium, cuarto na táboa de clasificación, onde caeron derrotados por 23-33. Os locais só aguantaron os quince primeiros minutos o xogo do contrario, que marcou nove goles na primeira metade. A próxima xornada, Las Cinco Jotas UB Lavadores recibirá ao Servi-Auto Bueu At. O partido será o sábado 14, ás 18.30 h. no Pavillón de Lavadores.

 

Derrota de Las Cinco Jotas UB Lavadores no derbi vigués ante o Granitos Ibéricos Carballal por 30-24. Encontro moi igualado nos primeiros minutos pero tras o descanso os locais fóronse no marcador, non podendo os de Lavadores reducir a vantaxe. A próxima xornada recibirán na súa cancha o S.A.R. Plastic Omnium, o encontro será o sábado, 7 de marzo, ás 18.30 h.

 

Las Cinco Jotas UB Lavadores caeu derrotado o sábado na súa cancha ante o BM Promens Cañiza, nun encontro moi igualado ata os últimos cinco minutos, onde os locais cederon ante o seu rival. Esta fin de semana, os vigueses enfrontaranse ao Granitos Ibéricos, a domicilio.