Colaboradores

Logotipo Halcones de Vigo Béisbol Club
Halcones de Vigo Béisbol Club
Presidente:  María Isabel Villar de Dios
Oficina:  Curros, 17 36214 Vigo
Liga:  Liga Nacional de Béisbol Primera División A
Telefono:  647780006

374ronny-materano-en-accionO Halcones de Vigo, club pentencente ao programa Siareiros elite da Fundación VIDE, renunciará, unha vez máis, á División de Honra do béisbol nacional. O motivo non é outro que a imposibilidade de reformar o campo de Ás Prantas. O pasado mes de xullo, o equipo vigués conseguiu o ascenso á máxima categoría.

 

374ronny-materano-en-accionHalcones de Vigo finalizou a súa participación na Primeira División do Béisbol Nacional cunha meritoria segunda praza e un fin de semana de tolos. Cun persoal mermado polas baixas, e tras unha viaxe por estrada de máis de 14 horas, o equipo vigués só puido xogar un dos dous partidos programados.

 

rivas_halcones_junio_2013Os Halcones de Vigo encadearon dúas novas derrotas, tras a súa visita a pasada fin de semana a Madrid, onde o Rivas Vacia Madrid gañaou ambos os dous partidos con vitorias de 9 x 7 no primeiro choque e de 12 x 2 no segundo enfrontamento.

 

halcones_junio_13Os Halcones de Vigo conseguiron derrotar por dúas veces ao Estrellas Negras de Murcia, tras o dobre enfrontamento que tivo lugar este sábado en Vigo. Con estas vitorias, o equipo vigués aséntase na segunda praza con balance de tres gañados e tres perdidos.

 
O próximo sábado, os Halcones de Vigo reciben, no seu campo de Bembrive, ao equipo de Murcia Estrellas Negras. Ambos os dous equipos loitarán polo segundo posto da táboa, polo tanto tórnase un importante do, xa que buscarán gañar ambos os dous encontros. O primeiro partido será as 14:00 horas e o segundo xogarase trinta minutos despois de culminar o primeiro encontro.
 

halcones_maio_2013O Halcones logra unha vitoria e unha derrota no dobre partido do que mantivo esta fin de semana contra o Club de Béisbol Benameji. O sábado, os vigueses impuxéronse aos cordobeses por 12 a 1 cun grande partido lanzado polo pitcher local, Jose Delio Cabral, que atou as mans aos visitantes en traballo de sete entradas permitindo apenas unha carreira. O equipo ao completo destacou na ofensiva, conectando 14 hits.

 

Halcones_abril_2013O Halcones de Vigo proclamouse campión do torneo Halcones, cunha vitoria e unha derrota contra o equipo Druidas.

No primeiro partido foron os coruñeses os que atacaron dende o principio e pronto empezaron a marcas as diferenzas, os vigueses intentaron reaccionar, pero o bo labor do seu lanzador fixo que o resultado do primeiro xogo fose finalmente de 7 carreiras a 3.

 
cambreO equipo senior do Halcones de Vigo de béisbol non puido viaxar a Tenerife para enfrontarse ao Marlins Puerto Cruz e a Real Federación Española de Béisbol e Sófbol (Rfebs) decidiu que a incomparecencia supón unha dobre derrota viguesa por 9-0.

 

374partido halcones vs. sant. boi 20112A pasada fin de semana, Los Halcones de Vigo na División de Honra, volveron perder na casa, ambos os dous partidos, esta vez foi contra o Sant Boi de Barcelona.

 

374dsc01494O equipo grande dividiu honras co Pamplona en territorio Navarro. No primeiro partido os vigueses non tiveron moitos problemas para dobregar a ofensiva pamplonesa cun bo traballo do lanzador venezolano José Ángel Navas quen cubriu as nove entradas sen permitir anotación ningunha; neste partido cabe destacar a ofensiva do xogador Marco Márquez quen unha vez máis deu un homerun para axudar ao equipo quedar coa vitoria con lousa de 5 carreiras por 0.

 

374halcones20marzo2011A pasada fin de semana os Halcones de Vigo perderon ambos os dous partidos da División de Honra en xornadas de bo béisbol. O sábado caeron con anotación de 4 carreiras a 1 e o domingo con lousa de 7 carreiras por 2.

 

374halconesmarzovalencia2011A pasada fin de semana o equipo vigués viaxou a Valencia para enfrontarse aos Astros e así cumprir co calendario no partido de ida.

 

halcones6.4.11O equipo Halcones de Vigo da Primeira División, perdeu o primeiro partido contra o equipo de San Inazio de Bilbao o pasado sábado cunha ampla vantaxe de 16 carreiras a 1.

 

374halconesfebreiro2011Os Halcones de Vigo comezan a tempada de béisbol da División de Honra gañando un partido e perdendo o segundo na cidade de Pamplona contra o Navarra Béisbol Club.

 

374halcones21.2.11O pasado domingo 20 celebrouse a final da Liga Xogade de Sófbol Indoor na categoría cadetes enfrentáronse os Halcones de Vigo, campións de Pontevedra, contra Béisbol Cambre, campións de Coruña.

 

374sam_1486Esta fin de semana celebrouse a final galega da Liga Xogade de sofbol indoor nas categorías alevín e infantil.

 

beisbolO próximo sábado celebrarase a final de Sófbol indoor alevín da Liga Xogade no pavillón do IMD de Travesas en Vigo a partir das 11:30 horas, entre Halcones e o Campión de Coruña.

 

374halconesAínda cando falta unha xornada en categoría alevín, esta fin de semana os Halcones xa se proclamaron campións de Vigo na Liga Xogade de sofbol indoor. Agora queda esperar o campión de Coruña, para enfrontarse a eles a mediados de febreiro.

 

374sam_1323Esta fin de semana deuse comezo á Liga Provincial de Vigo do Xogade de Sófbol Indoor e Los Halcones de Vigo gañaron todos os seus partidos en todas as súas categorías (Alevín, Infantil e Cadetes).

 

374santiago cadetes y juvenilesO pasado sábado, os cadetes e xuvenís dos Halcones de Vigo, trasladáronse á cidade de Santiago de Compostela a xogar un torneo organizado polo equipo de Los Leones de Santiago.