Colaboradores

Logotipo F.P.R. El Olivo
F.P.R. El Olivo
Presidente:  Camilo Pais Martínez
Oficina:  Rúa Otero Pedraio Pr. Galegos Ilustres, 5 36211 Vigo
Horario:  Mañás: 09.00-13.00 h Tardes: 17.00-20.00 h
Liga:  Segunda División Liga Galega Feminina
Telefono:  986 237 778
Email:  secretaria@fprelolivo.com

Como é tradicional dende fai xa 20 anos La Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" xunto coa AA.VV. Cristo de la Victoria farán entrega aos Irmáns Misioneiros dos enfermos pobres de Teis, preto de 4000 Kg. de alimentos.

 

O Olivo segue imparable. Onte, no Municipal Pahíño, venceu ao Sárdoma por 3-1. Bo fútbol o que se viviu en Navia cun Sárdoma que plantoulle cara ao líder da competición. A Segunda División de fútbol feminino fai un paro de Nadal ata o próximo 12 de xaneiro.  As rapazas de Juan Carlos García "Charly" enfrontaranse, en terras leonesas, ao o C.D. Ponferrada Fútbol.

 

Derbi de fútbol feminino en Navia o domingo, ás 12 horas, entre equipo locais. Os dous equipos vigueses militantes na Segunda Nacional, o Olivo e o Sárdoma, enfróntanse nun partido no que moitas das súas xogadoras militaron en ambos os dous equipos. Isto crea maior rivalidade e o Sárdoma querra quitar o titulo ao Olivo de mellor equipo vigues, aínda que sexa dificil.

 

Nova vitoria do Olivo de fútbol feminino e xa van once, esta vez en terras charras ante o Salamanca por 1-2. O cadro local adiantouse no marcador pero grazas á boa actuación de Carla e Anair lograron a remontada e as viguesas traense a casa os puntos que lle permiten seguir de líderes na táboa.

 

Dez xornadas e dez vitorias e a renda das rapazas do Olivo esta tempada. As viguesas, viaxan a Salamanca para enfrontarse o domingo ao equipo local, ás 12.30 h. no Campo Municipal Vicente del Bosque, en busca de seguir invictas. O equipo charro figura no quinto posto da táboa con dezaoito puntos. As rapazas de Charly enfróntanse ao frio e a un campo moi ruidoso e descoñecido para intentar regresar a Vigo aínda co seu título de equipo imbatido en once xormadas.

 

O equipo vigués sumou o domingo unha nova vitoria, e xa van dez, tras superar ao E.F. Mareo por 3-1 en partido disputado no Municipal Pahíño. A próxima xornada as rapazas de Juan Carlos García "Charly" viaxarán a Salamanca para enfrontarse ao C.D. Salamanca Fútbol Feminino.

 

Interesante partido o que enfrontan ao Olivo e a Escuela de Fútbol Mareo este domingo, ás catro e cuarto, no campo municipal Pahíño. Por un lado as viguesas imbatidas despois de oito xornadas. E polo outro, as asturianas que figuran no posto sétimo da táboa, pero cun xogo moi vistoso e de trato especial ao balón.

 

Nova vitoria do Olivo no campo do Bértola (0-4). As rapazas de "Charly" non coñecen a derrota esta tempada. Brillante partido das viguesas que solventaron o encontro na primeira metade con tres tantos de Nati. Xa no segundo período, Carol pechou o a conta con outro gol na portería das locais.

 

O equipo pontevedrés figura no sexto posto da clasificación con 14 puntos e aínda non perdeu ningún partido pero se empatou en cinco ocasións. Parece que o Olivo está chamado a romper a imbatibilidade do club. Charly recupera para este partido a Ceci pero perde a Cris lesionada no último encontro, debido a unha lesión importante no nocello que tivo que ser enxesado.

 

Oitava vitoria consecutiva do Olivo. As de Juan Carlos García "Charly" venceron no Municipal Pahíño ao U.D. Barbadás, terceiro clasificado, con goleada incluída. 6-1 foi o resultado do marcador nun partido onde as viguesas comezaron por debaixo.

 

O Olivo recibe ao Barbadás de Ourense este domingo no Municipal Pahiño. O equipo ourensano esta realizando unha gran campaña, con 16 puntos, figura no terceiro posto da táboa cun solo partido perdido, todo debido ás grandes fichaxes que este equipo realizou esta tempada.

 

Victoria do Olivo ao C.D. Parquesol a domicilio por 1-2. As viguesas continúan líderes en solitario da clasificación xeral. As rapazas de "Charly" foron superiores durante todo o encontro ante as terceiras da táboa. A próxima xornada o equipo vigués recibe ao U.D. Barbadás na oitava xornada da 2ª división de fútbol feminino. Será no Municipal Pahíño, o sábado, ás 12 h.

 

O Olivo venció por 5-1 ao Atlético Arousana na sexta xornada da liga, na Segunda División feminina de fútbol, disputada no Municipal Pahíño de Navia. Primeira metade mala para as locais, que remontaron tras o descanso e continúan líderes na táboa de clasificación. A vindeira xornada será  o tres de novembre, ante o Parquesol, a domicilio.

 

O Olivo venció por 5-1 ao Atlético Arousana na sexta xornada da liga, na Segunda División feminina de fútbol, disputada no Municipal Pahíño de Navia. Primeira metade mala para as locais, que remontaron tras o descanso e continúan líderes na táboa de clasificación. A vindeira xornada será  o tres de novembro, ante o Parquesol, a domicilio.

 

As Arousanas que están a facer unha boa campaña, veñen a Vigo dispostas a quitar as rapazas do Olivo a imbatibilidade. Para este partido o seu adestrador, Charly, conta con todas as xogadoras menos Loreto, que está de manobras, Ceci, que está lesionada, e Sheila, a porteira, que tamén está lesionada. As xogadoras viguesas están ilusionadas por manter o primeiro posto que tan brillantemente conseguiron en Friol a semana pasada.

 

O Olivo derrota ao Friol de Lugo, no seu campo, por 1-2. Quinta xornada de liga nun partido con primeiro e segundo clasificado da táboa onde se xogaban máis de 3 puntos, chegaba tanto o Friol coma o Olivo invictos a este encontro. Os dous equipos cos seus catro partidos gañados, o equipo que fose capaz de levar o partido quedaría como lider da clasificación.

 

O Olivo viaxa a Friol (Lugo) este domingo para xogar o partido, sen dúbida estrela, da segunda División Nacional de fútbol feminino correspondente á quinta xornada. Os dous equipos figuran á fronte da clasificación empatados a 12 puntos, tras gañar todos os encontros da competición, aínda que o Friol ten 7 goles máis a favor.

 

O Olivo venceu, o domingo, por un contundente 1-5 ao Gijón, na cuarta xornada da 2ª división de fútbol feminino. As de Juan Carlos García "Charly" desenvolveron o seu mellor xogo, no sempre complicado campo asturiano, superando de xeito claro ás rivais.

 

Este domingo, o cadro vigués ten un difícil papel no Campo da Federación Asturiana ao enfrontarse ao Gijón Feminino, clasificado na cuarta posición e que nesta tempada, teñen un equipo feito con moita forza. O Olivo, que leva as tres xornadas xogadas con senllos triunfos, intentará puntuar, xa que o próximo partido tamén o xoga fóra e co líder, Peluquería mixta Friol.

 

Goleada da Olivo en Navia ante un frouxo Compostela (6-0). Na primeira metade, Natalia Gómez anotou dous goles e xa na segunda parte foi Nati a que rematou cos catro goles restantes. Na próxima xornada, a número 4, as viguesas desprázanse a Gijón para enfrontarse ao Gijón Fútbol Feminino "A".