Colaboradores

Logotipo F.P.R. El Olivo
F.P.R. El Olivo
Presidente:  Camilo Pais Martínez
Oficina:  Rúa Otero Pedraio Pr. Galegos Ilustres, 5 36211 Vigo
Horario:  Mañás: 09.00-13.00 h Tardes: 17.00-20.00 h
Liga:  Segunda División Liga Galega Feminina
Telefono:  986 237 778
Email:  secretaria@fprelolivo.com

O Olivo, campión da competición, recibe ao Salamanca (domingo, 12.15 h. no Municipal Pahíño), terceiro clasificado con 41 puntos e un equipo que practica un fútbol moi directo ao ataque. Na primeira volta no "Vicente del Bosque" (Salamanca) xa foille moi difícil gañar ao equipo vigués que tivo que empregarse a fondo.

 

O Olivo asinou onte o seu primeiro empate da tempada na súa visita ao campo do Mareo (1-1). As viguesas conseguiron o título da tempada a semana pasada. A falta de tres xornadas para o final de liga, as de Juan Carlos García "Charly" acumulan unha derrota, un empate e vinte e unha vitorias. A próxima fin de semana tócalles descansar. Retomarán a competición o día 13, enfrontándose ao C.D. Salamanca Fútbol Femenino a domicilio.

 

O Olivo asinou onte o seu primeiro empate da tempada na súa visita ao campo do Mareo (1-1). As viguesas conseguiron o título da tempada a semana pasada. A falta de tres xornadas para o final de liga, as de Juan Carlos García "Charly" acumulan unha derrota, un empate e vinte e unha vitorias. A próxima fin de semana tócalles descansar. Retomarán a competición o día 13, enfrontándose ao C.D. Salamanca Fútbol Femenino a domicilio.

 

As rapazas do Olivo viaxan xa co título na man a falta de catro partidos. Esta vez desprázanse ata Gijón para enfrontarse ao Escuela de Fútbol Mareo, equipo que xoga moi ben debido a súa grande traxectoria como escola futbolística. É un contrincante difícil para as viguesas, que contan con varios empates cada vez que viaxan a terras asturianas.

 

As rapazas do Olivo lograron onte o seu terceiro título da Segunda División de fútbol feminino tras derrotar ao Bértola (5-0) e perder o Friol. Superioridade viguesa durante todo o encontro. As viguesas, a falta de catro xornadas, certificaron o seu título de campionas da Segunda División de fútbol feminino. A próxima xornada as de Juan Carlos García "Charly" enfrontaranse ao E.F. Mareo "A" a domicilio. O encontro será o domingo, 30 de marzo.

 

O encontro terá lugar este domingo, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño. As viguesas reciben ao C. Bértola Feminino que é un equipo bo, vello coñecido en categorías inferiores e cun adestrador que saco o título co adestrador vigués. Atópase practicamente a salvo dos postos de descenso (7º posto con 28 puntos), pero non debe confiarse porque un par de tropezos o meterían de novo nos postos de descenso. Juan Carlos García "Charly" conta con case todas as xogadoras a excepción das lesionadas: Loreto e Albita. Ningún partido é doado para as viguesas posto que é o rival a bater na categoría.

 

As viguesas non marcaron o primeiro gol ata o minuto 76. O partido finalizou cun 0-3 a favor do Olivo. As rapazas do U.D. Barbadás dérono todo na primeira metade e plantáronlle cara ao líder, pero xa na segunda metade, coas forzas físicas minguadas, as olívicas non tiveron problema en sentenciar o encontro. A próxima xornada o Olivo recibirá ao C. Bértola Femenino no Municipal Pahíño. O choque terá lugar o domingo 23 de febreiro, ás 12.15 h.

 

As viguesas sufriron máis da conta ante o Parquesol (4-3) para levarse os puntos no Municipal Pahíño. O Olivo continúa líder indiscutible da táboa, a falta de seis xornadas para a conclusión da tempada. A próxima xornada enfrontarase ao U.D. Barbadás a domicilio.

 

O equipo valisoletano, un dos mellores da categoría, viaxa  Vigo a enfrontarse a un Olivo imparable. O encontro será o domingo 9 de marzo, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño. O C.D. Parquesol figura no terceiro posto da táboa con 31 puntos e é, xunto co Olivo, o equipo menos goleado de ula categoría. A súa defensa é o mellor que ten xunto cunhas xogadoras de grande envergadura. No partido de ida ás viguesas custoulles gañar (1-2).

 

Olivo tivo que pelexar duro onte para gañar ao Atlético Arousana (2-3). Partido igualado onde as viguesas sumaron os tres puntos ante un equipo que lle plantou cara. A próxima xornada as de Juan Carlos García reciben ao C.D. Parquesol en Navia. O partido será o domingo 9 de marzo, ás 12.15 h.

 

O Olivo enfróntase a un Arousana no posto décimo e a dous puntos da zona de descenso a falta de 8 xornadas para a final da competición.  O equipo da Ria de Arousa vido a menos dende hai 3 tempadas, que xogou a súper liga, teñen moitas xogadoras de gran calidade pero están a ter moi mala sorte.

 

O CCAR Valladares (campión da liga autonómica), e El Olivo (1º Clasificado da 2ª División de fútbol feminino - Grupo I), enfróntanse nun partido benéfico a favor de ASEM (Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares), o domingo, 23 de febreiro, ás 12 h. no Municipal Pahíño de Navia. Os equipos queren colaborar para recadar fondos a favor desta asociación. Aínda que a entrada ao partido é gratuíta, no mesmo partido venderanse rifas e sorteásense regalos. Todos eles doados polo comercio local e tamén haberá exposición de varios talleres para dar a coñecer esta enfermidade considerada "enfermidade rara".

 

O Olivo goleou onte ao Concello de Friol, segundo da competición, por 5-0 no Municipal Pahíño. As viguesas, que foron superiores durante todo o encontro, están máis preto da pelexa polo ascenso á Superliga, obxectivo co que iniciou a campaña. A falta de oito xornadas para a conclusión da Segunda División de fútbol feminino, sácanlle dez puntos ao equipo lucense. Agora toca descansar ata a xornada 19, o próximo dous de marzo, xogarán ante o Atlético Arousana a domicilio.

 

As xogadoras de Juan Carlos García "Charly" amplían a súa vantaxe na clasificación despois da ampla vitoria, onte no Municipal Pahíño, ante o Gijón (9-0). Tras 35 minutos de xogo, as olívicas xa gañaban por cinco goles de diferenza.  O Friol, segundo na táboa de clasificación da Segunda División, empatou en Salamanca o que permite ao Olivo gozar dunha diferenza de sete puntos ao seu favor. O próximo domingo, 16 de febreiro, ambos os dous enfrontaranse en Navia. O partido comezará as 12.15 h.

 

O próximo domingo, o Olivo enfróntase ao Gijón no Municipal Pahíño, ás 12.15 h. As asturianas figuran no posto oitavo da táboa con 21 puntos e é un dos equipos con mellor fútbol da categoría. O equipo vigués, líder con 45 puntos e un solo partido perdido, intentará dar outra mañá de alegría aos seus seguidores. Charly, mister das olívicas, ten a súa disposición a todas as rapazas, incluída a Santiaguesa Natalia, recuperada despois dun mes da súa operación.

 

Onte, o Olivo goleou ao colista no seu campo, o Compostela, por 0-8. As viguesas dominaron o encontro de principio a fin ante un rival claramente inferior. As rapazas de Juan Carlos García "Charly" acumulan quince vitorias en dezaseis encontros e manteñen o liderado cunha renda de cinco puntos ante o segundo clasificado, o Friol. A próxima xornada, recibirán a Gijón Fútbol Femenino. O choque será o domingo, 9 de febreiro, ás 12 h. no Municipal Pahíño.

 

Esta fin de semana o Olivo desprázase a Santiago para enfrontarse ao S.D. Compostela. O equipo da capital atópase nunha situación moi difícil posto que é o farolillo vermello da táboa e se enfronta a un Olivo moi forte na primeira posición con vantaxe de 5 puntos sobre o segundo clasificado. Aínda así, as viguesas non se amilanan porque os equipos en situacións difíciles son ósos duros de roer. Ademais, acaba de empezar a segunda volta e o equipo santiagués intenta subir na táboa como sexa.

 

O Olivo venceu ao Erizana por un claro 8-0. As xogadoras de Juan Carlos García "Charly" dedicaron a vitoria ao seu presidente, Balbino Moreira, recentemente falecido. As viguesas en vinte minutos xa sentenciaran o encontro grazas a un dobrete de Lombi. A próxima xornada viaxarán a Santiago para enfrontarse ao S.D. Compostela. Será o domingo, 2 de febreiro ás 12 h. no Campo Municipal de Fútbol "Santa Isabel".

 

O Olivo perdeu onte ante o Victoria tras trece partidos de Liga invicto (3-1). As de Juan Carlos García "Charly" xogaron o peor partido da tempada e foron inferiores ás coruñesas en todo momento. O Olivo segue líder en solitario da clasificación do Grupo I da Segunda División feminina de fútbol, con 39 puntos, 3 máis do seu inmediato seguidor, o Concello de Friol.

 

As viguesas remataron onte en Ponferrada ante o Bierzo a primeira volta da competición cunha nova vitoria. Con trece partidos e trece vitorias son líderes en solitario do seu grupo na segunda división feminina de fútbol.