Colaboradores

Logotipo F.P.R. El Olivo
F.P.R. El Olivo
Presidente:  Camilo Pais Martínez
Oficina:  Rúa Otero Pedraio Pr. Galegos Ilustres, 5 36211 Vigo
Horario:  Mañás: 09.00-13.00 h Tardes: 17.00-20.00 h
Liga:  Segunda División Liga Galega Feminina
Telefono:  986 237 778
Email:  secretaria@fprelolivo.com

O Celta Baloncesto sumou o seu segundo triunfo da tempada ante o Badajoz (48-63), Cristina Loureiro, con 21 puntos, e Laura Alonso, con 16, lideraron a vitoria das viguesas. Esta semana xogara a domicilio frente a Ciudad de los Adelantados.

 

Onte El Olivo tocoulle suar para levar os puntos de Santander onde venceron á Ave Fénix Racing por un axustado 1-2. As viguesas seguen invictas na competición onde son líderes en solitario. Esta semana reciben ao SCD Milagres, o encontro será o domingo 22, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.

 

El Olivo venceu ao Erizana por un contundente 13-0, na mañá de onte no Municipal Pahíño. As viguesas foron superiores ás de Baiona, que pouco puideron facer ante a superioridade local, como era previsible. As rapazas de David Rodríguez seguen apuntando á fase de ascenso. Onte deron outro paso máis para iso. Esta fin de semana desprazaranse a terras cántabras para enfrontarse ao CDE Ave Fénix Racing.

 

Tiveron que esperar seis xornadas as rapazas de El Olivo para coronarse como líderes en solitario na táboa de clasificación. As de David Ferreiro golearon no Municipal Pahíño ao Atlético Arousana (7-1). O club vigués, aproveitouse do tropezo do Mareo ante o Friol (3-6). Esta xornada non haberá competición liguera na Segunda División de fútbol feminino.

 

El Olivo venceu onte ao Amigos del Duero por 0-5. As rapazas de David Ferreiro foron superiores, na Ciudad Deortiva de Zamora, e mantéñense líderes na clasificación. Este domingo, as viguesas recibirán ao Atlético Arousana no Municipal Pahíño. O encontro comezará as 12.15 h.

 

As rapazas de El Olivo venceron onte ao Friol (4-2) no Municipal Pahíño nun partrido onde volveron demostrar a súa superioridade goleando ao equipo visitante. As de David Ferreiro seguen firmes no liderado. Esta fin de semana viaxarán a terras castelás para enfrontarse ao Zamora.

 

El Olivo venceu ao Tordoia por 14-0 na segunda xornada do grupo 1 de la Segunda División, no que era o seu arranque ligueiro no Municipal Pahíño. Superioridade clara dende o comezo do encontro. As coruñesas pouco puideron facer. A próxima xornada, haberá parón debido a compromisos da selección nacional.

 

El Olivo comezou a liga cunha contundente goleada ante o Victoria (0-8) no campo da Grela. O cadro vigués marcou nada máis e nada menos que 8 goles, tres de Carol, dous de Ceci, dous de Xeila Márquez e un de Clo, o que sitúa as de David Ferreiro na cabeza da clasificación. Esta fin de semana debuta na súa casa ante o Tordoia, o encontro será o domingo 13, ás 12 h. no Municipal Pahíño.

 

As de Navia enfrontásese ao Victoria un equipo que a tempada pasada realizou unha gran campaña rematando nos postos altos da táboa. Dúas xogadoras vivirán especialmente este partido. Pois proviñan deste equipo. Clo que regreso a El Olivo, despois de 2 tempadas xogando neste equipo, pois estudaba en Coruña, e a fichaxe de Nerea Carballo, unha defensa contundente. As dúas xogadoras enfrontásense ás súas antigas compañeiras.

 

sardoma olivoO Olivo gañou a Copa Vigo de fútbol feminino ao vencer ao Sárdoma na final (8-1), o pasado sábado no Baltasar Pujales, en Bouzas. As rapazas de David Ferreiro foron superiores en todo momento. O equipo de Toni Pazo intentou plantarlles cara pero atopou nos primeiros minutos con dous tantos de Carol, que dificultou as aspiracións do Sárdoma. Terceira edición da Copa Vigo e terceiro título para o Olivo.

 

Olivo Oiartzun 2Non poido ser. O Olivo queda ás portas da gloria ao perder fronte ao Oiartzun (1-2). O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudiron uns minutos ao campo de Navia a mostrar o seu apoio ás xogadoras viguesas. 

 

El Olivo perdeu onte pola mínima o partido de ida da segunda rolda da fase de ascenso a máxima categoría de fútbol feminino. As rapazas de David Ferreiro, caeron derrotadas ante o Oiartzun (2-1) no seu feudo. Un resultado esperanzador de cara a afrontar este domingo, no Municipal Pahíño ás 12 h., o partido de volta coa ilusión de superar a eliminatoria e lograr o billete para o ascenso.

 

Vitoria de El Olivo fronte ao Femarguín (1-0). As viguesas pasan á seguinte rolda da fase de ascenso á máxima categoría do fútbol feminino. Difícil encontro o xogado onte no Municipal Pahíño. As olívicas sufriron máis do esperado pero conseguiron remontar a eliminatoria e mediranse ao Oiartzun na seguinte rolda. O partido de ida será o 7 de xuño na localidade guipuzcoana e a volta, o 14 de xuño en Navia.

 

El Olivo caeu derrotado ante o CD Fermaguín canario por 2-1, no partido de ida da primeira eliminatoria da fase de ascenso a la Primeira División feminina de fútbol. Un gol de Natalia, a falta de cinco minutos para a conclusión do encontro, permite ás viguesas soñar coa remontada no partido de volta, que terá lugar este domingo 24 de maio, ás 12 h. no Municipal Pahíño.

 

El Olivo coñeceu hoxe o seu primeiro rival na fase de ascenso a Primeira División: medirase ao Fermarguín canario co partido de volta na casa. Ambos os dous conxuntos foron encadrados no grupo un, no que os acompañan Madrid e Oiartzun, que se medirán entre eles. No segundo grupo os emparellamentos son Granadilla fronte a Levante Las Planas e Argel contra Betis.

 

As viguesas gañaron onte no campo do Mareo, segundo clasificado, por un único tanto de Carol. El Olivo, que foi superior durante todo o encontro, serviulle o partido como preparatorio cara ao playoff de ascenso. A próxima xornada recibirán ao o Gijón Fútobl Feminino, o encontro disputarase o domingo 19, ás 12 h. no Municipal Pahíño.

 

O campión de grupo salvou un empate ante un rival reforzado con cinco xogadoras da máxima categoría nunha xornada estraña pois as locais mereceron os tres puntos en xogo por fútbol e oportunidades. Foi a matinal do penalti furtado, porque todo o anterior, con destacado papel do gusto polo toque ante a presión rival, quedou supeditado á xogada de Carol no desconto, que o árbitro decidiu non ver.

 

Partido número trece do Olivo e primeira derrota da tempada. Xogaban no campo do Bértola e caeron despois de doce vitorias consecutivas (3-1). Co título de liga no peto, as xogadoras olívicas reciben esta fin de semana ao Oviedo Moderno, o partido será o domingo 29, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.

 

Vitoria de El Olivo ante o Villestro por 5 a 0 onte no Municipal Pahíño, o que converte ás viguesas nas campioas matemáticas do grupo 1, da Segunda División de fútbol feminino, a falta de cinco xornadas. Celebración en metade do campo e manteo do cadro técnico con champaña incluído. Agora toca gozar do que queda de liga e preparar a fase de ascenso. O alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Carmela Silva, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asistiron ao encontro e felicitaron a directiva polo título conseguido.

 

Victoria pola mínima de El Olivo ante o Erizana (0-1), no campo do Vilariño, debido á festa da Arribada de Baiona. Boa defensa do equipo local pero Carol resolveu no segundo tempo e deulle os puntos ao equipo vigués, que se sitúa a unha vitoria do título ligueiro. A próxima xornada El Olivo recibe o SD Villestro. O encontro será o domingo 15, ás 12.15 h. no Municipal Pahíño.