Colaboradores

Logotipo F.P.R. El Olivo
F.P.R. El Olivo
Presidente:  Camilo Pais Martínez
Oficina:  Rúa Otero Pedraio Pr. Galegos Ilustres, 5 36211 Vigo
Horario:  Mañás: 09.00-13.00 h Tardes: 17.00-20.00 h
Liga:  Segunda División Liga Galega Feminina
Telefono:  986 237 778
Email:  secretaria@fprelolivo.com
fuenteTerceiro equipo VIDE que conquista o ascenso á máxima categoría esta tempada. O Iveco Universidade de Vigo (rugby), a S.D. Octavio (balonmán) e agora El Olivo Novacaixagalicia.

 
padinEl Olivo conquistou hoxe o ascenso á Superliga feminina ao vencer 1-2 (0-0 ao descanso) no campo do Xirona, Fontajau.

Dous tantos de Anair Lomba, "Lombi", nos minutos 47 e 77, decidiron o ascenso pese ao gol de Clara (min.82).

 

olivoDespois de adestrar durante a Semana Santa, as rapazas do Olivo volveron onte ao traballo, tras dous días de descanso, nas instalacións de Navia "Pahiño" tras unha peregrinación pola praia e campo de Samil debido a que durante a semana pasada o seu campo permaneceu pechado, por este motivo as xogadoras olívicas aproveitaron para adestrar na praia de Samil realizando tarefas de preparación física.

 
374olivo2El Olivo Novacaixagalicia disputará a fase de ascenso á Superliga feminina de fútbol ante o Unión Deportiva Tacuense e o Girona FC, campión do grupo canario (VI) e subcampión do grupo mediterráneo (III), respectivamente.

O domingo, as de Edu González golearon ao León en Navia (4-0) e acadaron o título no grupo II de Primeira Nacional.

 

Un graderio onde non cabía nin un alfinete fixo voar ás rapazas do Olivo sobre o sintético de Navia, sabían o que xogaban e só lles valía a vitoria, levaban toda a semana esperando ao domingo ás 12:15 para que Costas Soto sinalase o comezo do partido, e así foi, concienciadas, unidas, sacrificadas, loitadoras, pero sobre todo compañeiras, este Olivo é diferente e crécense ante as adversidades.

 

374olivo2El Olivo recuperou o liderado no grupo II da Primeira Nacional de fútbol feminino, mantense invicto no Municipal Pahiño (once encontros, once vitorias) e logrou encher o campo municipal por vez primeira esta tempada.

O novo complexo deportivo de Navia segue a dar sorte aos equipos locais, que non ceden nas novas instalacións do IMD.

 

 
1276173857naviaO novo complexo deportivo de Navia volverá ser escenario dun choque de altos voos.

Será este domingo (12:15 horas) co partido do grupo II de 1ª Nacional de fútbol feminino, xa que xogan El Olivo (segundo) contra Ponferrada (líder).

Os aspirantes porán o título en xogo a pesar de que despois aínda restarán por disputarse dúas xornadas máis.

 

374olivo1Non comezaban ben as cousas para o cadro local, xa que cando aínda non se sentara o público, o marcador xa reflectía 0-1, un despiste defensivo propiciaba que Cristina dispuxese dun man a man con Carlota que non desprezaría pero o peor estaba aínda por chegar.

 

olivoPartido disputado nunha mañá chuviosa. O cadro olívico saltaba o sintético de "A Torre" cun obxectivo claro, dominar o partido de principio a fin tanto en xogo coma no marcador.

 

olivoPartido disputado nunha mañá soleada. O encontro comezou gardándose un minuto de silencio polo falecemento da avoa de Clo, xogadora olívica, e Pedro García, irmán de ésta e xogador do Celta "B". O cadro olívico saltaba ao sintético de Navia cun obxectivo claro, dominar o partido de principio a fin tanto en xogo coma no marcador.

 

olivoNo partido da primeira volta as viguesas anuláronlles tres goles legais e  finalizou 3-3. O Olivo Novacaixagalicia cumpre cos pronósticos e acaba goleando a un frouxo Amigos del Duero.

 

Partido disputado nunha mañá soleada pero con bastante frío. O cadro olívico saltaba o sintético salmantino cun pouco de respecto co cadro local xa que na xornada anterior lograran empatar co Pontevedra e o cadro vigués non quería sorpresas.

 

O partido comezou cun minuto de silencio en memoria do antigo presidente do Erizana C.F., un bonito xesto por parte de ambos os dous equipos e de todos os afeccionados alí presentes.

 

Empate a un do Olivo Caixanova no campo do Reocín. Partido con moita rivalidade. Ana Buceta anotou o tanto das viguesas que finalizan a competición co segundo posto na clasificación.

 

As viguesas terán que esperar para pechar o subcampionato tras perder onte na casa ante o seu máximo rival por este posto, o Pontevedra.

 

Novos 3 puntos na cuadrícula do Olivo Caixanova, moi importantes para asegurar o segundo posto, xa que o primeiro é xa inaccesible e só unha catástrofe afastaría o líder o Reocín de conseguir o titulo de liga.

 

A pesar da súa clasificación na táboa, o Atlético Arousana foi un rival complicado para as viguesas. Clo realizou un dos mellores encontro do ano.

 

O Olivo Caixanova deixa escapar tres novos puntos que seguramente son determinantes no transcurso da competición porque a cabeza da liga a vai cada vez mais afastada no horizonte.

 

A negativa do aprazamento do partido fixo que El Olivo Caixanova tivese que disputar o partido contra o Ponferrada 100 no medio do aluvión do "Xynthia".

 

O Olivo Caixanova moi probablemente consigueguiu a goleada da tempada ao desarbolar a un Langreo que nunca soubo atar as mans ao xogo das locais.