Colaboradores

Logotipo F.P.R. El Olivo
F.P.R. El Olivo
Presidente:  Camilo Pais Martínez
Oficina:  Rúa Otero Pedraio Pr. Galegos Ilustres, 5 36211 Vigo
Horario:  Mañás: 09.00-13.00 h Tardes: 17.00-20.00 h
Liga:  Segunda División Liga Galega Feminina
Telefono:  986 237 778
Email:  secretaria@fprelolivo.com

Na terceira xornada da liga 2ª Nacional Feminina o equipo vigués recibe ao Compostela, último clasificado sen puntos nos dous partidos xogados anteriormente. O Olivo suma as dúas vitorias, pero o equipo de Charly non remata de convencer a pesar de que esta tempada ten un equipo completo.

 

Vitoria do Olivo na primeira xornada da segunda división, de fútbol feminino, ante o Victoria. As rapazas de Juan Carlos García "Charly" dominaron o encontro pero non lograron marcar o gol da vitoria, obra de Sara Tui, ata o minuto 72.

 

copa_vigo_olivo_2013O Olivo impúxose ao Sárdoma na final da Copa Vigo na categoría feminina, que se xogaba por primeira vez dende o inicio do torneo en 1933. Un claro 1-4 a favor das rapazas de Juan Carlos García "Charly", dáballe o triunfo ante un Sárdoma inferior durante todo o encontro e que quedou sen forzas na segunda parte. Os goles por parte do Olivo foron de Lombi, Kisi, Any e Ceci.

 

O pasado domingo, no municipal Pahíño, o Olivo conquistou a Copa Galicia de segunda división de fútbol feminino tras impoñerse no campo de Santa Isabel ao Friol de Lugo por 1-0. O equipo dirixido por Juan Carlos García "Charly" xa prepara a importante cita do sábado, a final da Copa Vigo, ante o Sárdoma C.F. O partido xogarase de xeito extraordinario no Municipal de Barreiro, e dará comezo ás 16.30 h.

 

Partido difícil para o Olivo, ante as coruñesas, no municipal Pahíño. As viguesas lanzaron dezanove cornes e só nos derradeiros seis minutos puideron facer os dous tantos que lle dan o pase a final da Copa Galicia. A cita será o domingo, ás 18 h., no campo santiagués de Santa Isabel ante o Friol de Lugo.

 

A cita será o domingo, as 18 h. no municipal Pahíño (Navia). O Olivo xogará o seu cuarto partido, ante o Victoria CF de Coruña,  nunha semana. As rapazas de Juan Carlos García "Charly" intentarán gañar este partido para meterse na final, maila o cansazo de xogar tantos encontros seguidos dende que rematou a liga e a fase de ascenso, o Club confía na calidade do equipo para gañar esta Semifinal. O adestrador non poderá contar con Xavi por un accidente, ni con Clo que segue recuperándose.  

 

As rapazas do Olivo venceron onte, en partido de ida da semifinal da Copa Vigo, ao Alerta Navia por un contundente 9 a 3. A pesar do avultado do resultado, as rapazas que adestra Juan Carlos García "Charly" se foron ao descanso do encontro cun marcador desfavorable de 1 a 3 tras unha actuación soberbia da porteira do Alerta. Aínda que xa están clasificadas para a final, o 15 de xuño en Balaídos, terán que xogar o partido de volta o vindeiro mércores as 21 h. no municipal Pahíño (Navia).

 

Empate a un no partido disputado onte, no campo do Aral en Baiona, entre o Erizana e o Olivo correspondente a cuarta xornada da Copa Federación de segunda división de fútbol feminino. Primeira das tres citas que teñen as rapazas que adestra Juan Carlos García "Charly" esta semana.

 

Será ante o Erizana, no Campo do Aral (Fontiñas - Baiona) ás 21 h. (entrada gratuíta) Primeira cita da semana correspondente á cuarta xornada da Copa Federación da segunda división de fútbol feminino. O seu adestrador, Juan Carlos García "Charly" non poderá contar coa porteira titular, Ani, por motivos laborais, suplíndoa a porteira titular do equipo B, Zara. 

 

O conxunto vigués caeu onte derrotado, ante o Girona, na primeira eliminatoria da fase de ascenso a primeira división. En partido de ida perdeu por 4-0 e onte, en partido de volta, por outro contundente 0-3 no Municipal Pahíño. As viguesas xogaron sen tres das súas xogadoras clave: Anair Lomba, Pauleta e Cho. Con todo iso o Olivo tivo unha actuación digna e moitas ocasións de gol co que finalizou o partido con moi boa imaxe.

 

As rapazas do Olivo xogarán este domingo o partido de volta da fase de ascenso a primeira división feminina de fútbol.  Despois do correctivo do pasado domingo en terras catalás onde as viguesas perderon 4 -0, o equipo saltará ao campo a dalo todo e a intentar o milagre.

 

O Olivo enfróntase ao Sárdoma na súa segunda rolda da copa Galicia 2013. O 5 a 0 do primeiro partido fará que Charly bote man dalgunhas das xogadoras do 2º equipo para así reservar as do primeiro para o próximo partido contra o Girona (na fase de ascenso a primeira división). Este, xogarase o próximo día 19 de maio en terras catalás.   Son dous das tres frontes que ten abertos o equipo: A Copa Galicia, Copa Vigo, e a Fase de ascenso a 1ª división.

 

Este domingo comeza a II Copa Federación de fútbol feminino (interveñen nesta competición os 7 equipos galegos integrados na 2ª división nacional). O sorteo tivo lugar o pasado luns en Santiago. Dividiuse a competición en dous grupos:

 
O Olivo viaxa a Santiago para un partido que pode ser dramático. O domingo día 21 ás 12:00 da mañá no campo compostelano de Santa Isabel, o Olivo e o Compostela xogan o último partido da tempada, que pode ser moi competitivo.  As de Santiago necesitan polo menos un punto para non descender e as viguesas gañar, se ou se, para meterse como mellor 2º nacional e poder xogar a fase de ascenso a primeira.

 

olivo_levante_25.9.11Táboas no marcador da terceira xornada da máxima categoría do fútbol nacional feminino. O Olivo na primeira parte do encontro sae do medio campo para atrás, tratando de conter a dianteira do equipo visitante, o Levante.

 

olivo_aplausoTras o descanso ligueiro da pasada fin de semana polos compromisos da selección, esta fin de semana continúase a competición da primeira División Feminina recibindo ao Levante.

 

olivopahinosep11O Raio pasou por enriba do Olivo sen piedade na ciudade deportiva Fundación Rayo Vallecano ante 200 persoas. O pequeno David atopouse con Goliat. As rapazas do Novacaixagalicia encaixaron dez goles das madrileñas.

 

olivo_septiembre_2011Partido moi igualado, a pesar do resultado en contra de 0-1 para as viguesas, con ocasións para ambos os dous equipos. O Olivo na primeira parte sae repregado e serio en defensa, dominio en medio campo do equipo visitante. No minuto 31 a dianteira do Sant Gabriel cristina logra o primeiro tanto para o equipo catalán.

 

374olivo1Mañá sábado, día 27 ás 19 h, El Olivo xogará o XIII Torneo Victoria en Coruña ante o Victoria, equipo de 3ª autonómica, no Campo de Fútbol "Víctor Fernández Alonso-Leyma". Será o penúltimo encontro da pretempada.

 

374olivo2Primeiro torneo oficial da pretempada para El Olivo este sábado día 20 en Salceda. Cun formato "3x1" será unha proba a moi pouco tempo xa para o comezo da competición feminina na máxima categoría do fútbol estatal.