Colaboradores

Logotipo Club Vigo Voleibol
Club Vigo Voleibol
Presidente:  Guillermo Touza Rodríguez
Oficina:  Rúa Bolivia, 2 - 6º C 36203 Vigo
Liga:  Superliga 2 Masculina de Voleibol
Telefono:  986 480 231/667 546 006
Email:  clubvigovoleibol@gmail.es

Victoria do Vigo Voleibol no encontro de pretempada, disputado no pavillón de Coia, ante o portugués Club Voleibol Viana por 3-2. Xogáronse cinco set e o último, que se disputa a quince puntos, non rematou ata o 21-19. Os parciais do encontro foron 24-26, 25-20, 20-25, 25-17 e 21-19. Vitoria moi meritoria dos rapaces de Touza, a pesar das baixas coas que chegaron ao choque.

 

club_vigoMañá, mércores, a partir das nove da mañá, comeza o Campionato de España de voleibol xuvenil masculino que se celebrará en Badajoz. A este acontecemento acode o Club Vigo en representación de Galicia como campión nesta disciplina. Xa son moitos os anos que os novos xogadores vigueses, froito da canteira, veñen representando á nosa cidade nun acontecemento desta natureza e sobre todo facéndoo moi ben.

 

O Xuvenil de Teis e o Club Vigo aportan cinco xogadores (catro chicas e un chico) para o campionato de España de Selecciones Autonómicas de voleibol para as categorías infantil e cadete, que se celebra dende hoxe ata o domingo en Valladolid.

 

O pasado domingo disputouse en Lugo a fase final do Campionato Galego xuvenil masculino de voleibol, a onde chegaron os catro primeiros equipos da fase regular. O primeiro partido, semifinais, enfrontou a Boiro contra Lugo, vencendo estes últimos cun apertado 3-1 e na outra semifinal enfrontáronse os vigueses contra Dumbría e a vitoria, con moita facilidade, foi para o Club Vigo por 3-0.

 

O pasado sábado, no Pavillón Municipal Es Viver de Ibiza, disputouse o último encontro da superliga correspondente á tempada 13-14, non para os locais que disputarán os Play-off polo título pero se para os vigueses que se despiden dunha tempada para esquecer en case todos os aspectos.

 

O Club Vigo, co equipo máis xuvenil de toda a tempada, por motivo de baixas por problemas laborais, deu a cara ante un dos dous grandes que quedan no mundo do voleibol español, o Almería (3-0). O Vigo no segundo set deu entrada a todos os xuvenís e desta forma tamén se van formando de cara ao futuro. Eses mesmos xogadores fixeron fronte nun terceiro set moi ben xogado e salvo pequenos erros xogaron o voleibol que eles saben.

 

Derrota do Club Vigo ante o CAI Teruel por 0-3 no pavillón de Coia. Último partido de Liga xogado en Vigo onde os locais pouco tiñan que facer ante o líder. O primeiro set xa comezou con moitas diferenzas no marcador e os visitantes, moi profesionais, non deixaban respirar os novos xogadores vigueses que nalgúns momentos desaparecían do set e noutros entraban para facer grandes defensas contra un gran conxunto. A distancia no marcador foise acentuando ata a finalización do set.

 

Os vigueses caeron derrotados 3-0. Encontro dos difíciles para o Vigo Voleibol ante o Vecindario ACE Gran Canaria, terceiro clasificado da competición, que non quería deixar pasar a oportunidade de levar a vitoria ante o último da táboa. En ningún momento os locais se relaxaron e mantiveron a orde para non se ver sorprendido no marcador. Os tres sets comezaron moi apertados e nos momentos de maior dificultade foron os que mais experiencia teñen os que levaron o resultado final á súa cuadrícula.

 

Calquera bo observador podía darse conta da situación dos dous conxuntos e a grande diferenza que existe entre eles. Mentres o Club Vigo é último, o Castellón ocupa a cuarta posición da clasificación e isto non deixa de ser un lastre para o conxunto vigués. Pero do que o bo observador se daba conta é que os xogadores visitantes, non todos, saíron derrotados ao campo antes do comezo do encontro (3-1). A consecuencia diso foi que puidemos ver dúas versións diferentes dos vigueses.

 

Derrota do Club Vigo ante o VP Madrid, o sábado no pavillón de Coia por 1-3. Temíase aos nervios nun encontro importante para os vigueses e eles, xunto aos moitos erros cometidos durante o encontro, foron os que propiciaron a derrota. A clave do encontro estivo no primeiro set onde os locais tiveron o set en franquía e non o souberon finalizar.

 

O Club Vigo Voleibol xogou o sábado o seu mellor voleibol ante o Andorra, gañando na sua cancha por 2-3 e volvendo a meterse na loita pola permanencia da superliga de voleibol masculina. Os de Eduardo Sánchez recibirán o próximo sabado, no pavillón de Coia, ao seu rival máis directo, o VP Madrid, penúltimo clasificado que avantaxa aos vigueses en tres puntos. O partido comezará as 18.30 h.

 

Calquera bo observador podía darse conta da situación dos dous conxuntos e a grande diferenza que existe entre eles. Mentres o Club Vigo é último o Fundación Cajasol Juvasa Voley ocupa a cuarta posición da clasificación e isto non deixa de ser un lastre para o conxunto vigués.

 

Nunca tan doado tívoo o conxunto vigués para poder traerse os tres puntos do feudo dos lugueses, xa que estes últimos estaban relaxados pola súa posición na táboa, mentres que os vigueses están necesitados de puntos para escapar da última posición. Os continuos fallos vigueses, tanto en recepción coma en ataque, foron os que minguaron as ilusións visitantes nun partido que se presentaba propicio para poder saír do pozo no que están metidos os representantes olívicos.

 

Os vigueses caeron derrotados cun marcador de 1-3 en Coia. Nunca tivo tantas posibilidades de puntuar o conxunto vigués, ante Soria, como nesta ocasión. O motivo polo cal non o fixeron foi a grande diferenza de experiencia dos dous conxuntos que a próstrea foi quen declinou a balanza para o lado castelán. Nin a remontada do segundo set motivo aos vigueses para apertar un pouco mais en defensa e poder levarse, como mínimo, o punto que significa facer dous sets ao rival aínda que a vitoria rematase levándolla o conxunto visitante.

 

O encontro do pasado sábado comezou con moita igualdade no marcador e sempre por diante o conxunto vigués. As diferenzas pequenas pero servían para animar aos xogadores o público que presenciou o partido en directo. Os insulares despegáronse no marcador despois do empate a 17 puntos. Nese momento ensinaron todo o que poden facer e leváronse o set con certa facilidade.

 

Derrota do Club Vigo ante o Unicaja Almería por 0-3. Moi complicada presentábaselle a xornada aos xogadores vigueses xa que recibían un dos aspirantes ao trono da Copa. Pero os espectadores puideron gozar do xogo dos vigueses.

 

Presentábase unha nova dificultade para o Club Vigo no pavillón de Coia xa que visitaba a cancha unha dos conxuntos que esta tempada aspira a estar arriba na clasificación final, o Vecindario AC Gran Canaria (0-3). Novamente os contratempos que sofren os vigueses adoitan pasarlles factura xa que esta semana se lesionou o central Ortega e o venres no último adestramento Eduardo Sánchez, o seu colocador, que se nota moito a falta como xogador.

 

O mais destacado do encontro foi a participación dos xuvenís locais xa que mediado o segundo set o técnico vigués, que viña arrastrando unhas pequenas molestias ao longo da semana, toma a decisión de sentar no banco, por precaución, dando as rendas do equipo a Peláez.

 

No peor momento enfrontáronse os dous rivais que ocupaban as últimas posicións da clasificación regular. Madrid, coa súa veteranía, e Vigo, coa súa inexperiencia, o que podía significar que unha derrota para calquera dos dous suporía descolgarse da posibilidade de estar mais tranquilo ademais de deixar ao seu rival a mercede de terceiros que a estas alturas da competición non deixa de ser significativo.

 

Este domingo, ás 13,00 horas, disputarase no Pavillón de Entrevías de Madrid a xornada correspondente á superliga de Voleibol e que enfrontará os conxuntos do V.P. Madrid e aos vigueses do Club Vigo. O encontro é de suma importancia para os dous conxuntos, debida á situación que os dous ocupan na táboa clasificatoria, pero cremos que algo máis para os locais xa que o encontro se disputa na súa casa e debe demostrar que non queren ser os últimos de la clasificación.