Colaboradores

Logotipo Club Vigo Voleibol
Club Vigo Voleibol
Presidente:  Guillermo Touza Rodríguez
Oficina:  Rúa Bolivia, 2 - 6º C 36203 Vigo
Liga:  Superliga 2 Masculina de Voleibol
Telefono:  986 480 231/667 546 006
Email:  clubvigovoleibol@gmail.es

Octavio, Celta Baloncesto, Xuvenil, Vigo, Las Cinco Jotas, Amfiv e Blusens perderon nos seus respectivos compromisos ligueiros, só o Magope gañou no seu desprazamento a A Cañiza e o Bembrive que empatou en Valladolid.

 

O Celta Baloncesto sumou o seu segundo triunfo da tempada ante o Badajoz (48-63), Cristina Loureiro, con 21 puntos, e Laura Alonso, con 16, lideraron a vitoria das viguesas. Esta semana xogara a domicilio frente a Ciudad de los Adelantados.

 

Posiblemente o mellor deste encontro é o punto que se trae o Club Vigo de terra de Ferrol onde a veteranía local puido co ímpeto da xuventude viguesa. Os olívicos non xogaron un bo partido e iso foi o que aproveitaron os locais para facerse cunha vitoria que se lles puxo costa arriba cando perdían 1-2.

 

O encontro comezou cunha grande vantaxe no marcador para o equipo visitante, o C.V. AA Llars Munden, 1-5. Pero isto non foi motivo para que os rapaces do Vigo Voleibol non fosen capaces de apertar, sobre todo en bloqueo, e chegaron a empatar o set a 8 puntos. A partir dese momento chegaron a poñerse seis puntos arriba que lles chegaría para levarse este set.

 

O primeiro set comezou cun Vigo forte e ben asentado no campo. De súpeto e despois de ir arriba cinco puntos 4-9 comezaron a aparecer as dúbidas no conxunto vigués. Os locais empataron o set a 15 puntos e a partir dese momento aos visitantes encolleulles o brazo e comezaron a fallar o que non fallan nunca e iso foi o que lles levou a perder este primeiro set.

 

O Club Vigo Voleibol caeu derrotado na casa ante o Can Ventura Palma (0-3). Xa o comezo do encontro significou o inicio dun camiño que pronto percorrerían os xogadores visitantes. A mínima diferenza produciuse co marcador 6-7 favorable aos de Palma.

 

O Club Vigo Voleibol venceu ao Playas Médano nun gran partido (1-3). que comezou con moita igualdade, o que significaba certo desespero para os locais, que esperaban un encontro moito máis doado. Esa igualdade mantívose ata o empate a 9 puntos. A partir dese momento foron os vigueses os que coas súas boas accións no bloqueo se despegaron tres puntos 10-13 que mantiveron e ampliaron ata un claro 16-22 e finalizar o set levándoo á súa cuadrícula.

 

O Club Vigo Vigo Voleibol caeu derrotado onte, en terras castelás, ante o Palencia 2016 por 3-1. A pesar de non se levar os puntos, os rapaces de Jesús Penedo realizaron un bo partido pero os locais foron superiores. Esta fin de semana os vigueses volven xogar fóra, esta vez ante o Playas del Médano no IES Médano de Tenerife.

 

O Club Vigo Voleibol perdeu o sábado ante o Xátiva (1-3) no seu primeiro encontro ligueiro na Superliga 2. Suso Penedo, o seu adestrador, debutaba no cargo xunto a Yolanda Sienes. Os valencianos foron superiores e levaron os puntos. Os vigueses desprazaranse este fin de semana Palencia para enfrontarse ao CyL.

 

O Club Vigo Voleibol perdeu o sábado ante o Xátiva (1-3) no seu primeiro encontro ligueiro na Superliga 2. Suso Penedo, o seu adestrador, debutaba no cargo xunto a Yolanda Sienes. Os valencianos foron superiores e levaron os puntos. Os vigueses desprazaranse este fin de semana Palencia para enfrontarse ao CyL.

 

Mañá comeza unha nova tempada para o Club Vigo Voleibol onde todos teñen posta unha grande esperanza e optimismo. A preparación de pretempada foi a ideal e a que pediron os novos técnicos. O mínimo de catro encontros disputáronse, sempre contra equipos portugueses, e en todos eles renderon a un bo nivel.

 

O Vigo Voleibol gañou onte o seu primeiro partido de pretempada ante o Santo Tirso (3-1), ao que xa venceran en Portugal o pasado venres. Traballada vitoria do equipo vigués, que mostrou a súa mellor versión no pavillón de Coia.

 

Finalizou, en Almería, o Campionato de España xuvenil masculino onde estivo a participar como representante de Galicia o Club Vigo Voleibol como Campión da tempada 14-15. Á cidade andaluza desprazáronse os mellores 24 equipos de España da categoría e disputaron un campionato que ten na súa organización deportiva unha dos defectos de forma que pode obrigar a un equipo, como o vigués, a clasificarse quinto perdendo un só encontro dos oito disputados.

 

vigo voleibolEsta fin de semana, disputouse no Pavillón de Coia a Fase final do Campionato Galego Xuvenil Masculino baixo a organización do Club Vigo e coa colaboración da Concellaría de Deportes. Esta Fase final coincidiu coa feminina que se celebrou en La Coruña e que organizou o Club Zalaeta.

 

Derrota do Club Vigo ante o CyL en Palencia (3-0). Fíxoselles demasiado longo este final de tempada aos xogadores vigueses ou posiblemente sobrou este último encontro contra o segundo clasificada da Liga. Deste xeito, finaliza unha tempada irregular pero chea de alicientes para os de Coia, que remataron conseguindo os obxectivos deportivos marcados ao seu comezo.

 

Encontro mais emocionante que bonito entre o Club Vigo e o C.V. Sansa (3-1), ambos os dous equipos querían demostrar a súa madureza no campo e isto levoulles a cometer demasiados erros, sobre todo aos vigueses, que souberon endereitar o rumbo unha vez que lles chegou a tranquilidade.

 

Dende o primeiro set xa se presaxiaba que a cousa sería difícil e ao mesmo tempo moi igualada. E así foi, xa que os empates eran consecutivos e constantes. Os vigueses non se querían vir de baleiro da súa visita a Boiro e loitaban cada balón. Foi ao final do set cando os vigueses se foron dous puntos no marcador 18-20 pero que non souberon aproveitar e o set se foi á cuadrícula local.

 

Temíase a chegada a Coia do líder da clasificación da Superliga 2 de voleibol, pero non por ser o primeiro, se non por saber de que serían capaces os xogadores vigueses ao enfrontarse ao que ata este momento é o máis grande la liga. E pasou o que ninguén quería que pasase xa que os locais se entregaron antes do comezo do encontro.

 

Este era o penúltimo encontro dos vigueses, ante os equipos clasificados na parte alta da táboa. Ata o momento, o rendemento dos vigueses foi moi bo. En Melilla, malia perder, ofreceron un moi bo rendemento aínda que se viron desbordados pola veterania dos locais, que fixeron valer ao longo de cada un dos sets.

 

O Vigo Voleibol caeu derrotado por 2-3 ante o Llars Mundet no pavillón de Coia. Foi unha pena que se perdese este encontro, xa que, nunca se estivo tan preto da vitoria ante un dos primeiros clasificados desta competición, segundo, e que estivo nos dous primeiros sets a mercede dos vigueses que se viñeron abaixo a partir do terceiro.