Colaboradores

Logotipo  Vigo Rugby
Vigo Rugby
Presidente:  Ramón González-Babé Iglesias
Oficina:  1ª Travesía de Santiago de Vigo, 1 - 3º Izq. 36201 Vigo/info@vigorugby.es
Liga:  División de Honra B

En partido disputado en terras portuguesas o equipo vigués venceu con claridade ao Lousá que milita na segunda división portuguesa. O Universidade Iveco só puido despegarse no segundo tempo xa que a primeira metade acabou con  resultado parcial de 14 a 0.

 

ascensovigorugbyDavid Monreal, en compañía de Norm Maxwell, continúan coa dura preparación física e mental do Universidade de Vigo Iveco Rugby na súa posta a punto para participar na División de Honra.

 

vigorugbymadridA Federación de Rugby publicou onte o calendario de competición onde por compromisos do último campión de liga en competicións europeas, debe adiantar unha semana a estrea en División de Honra xogando a domicilio ante La Vila.

 

circuitosevengaliciaO Iveco Universidade xogou onte no novo campo de Monteporreiro en Pontevedra a final da Copa Xunta de rugby ante o CRAT de A Coruña. O resultado foi unha contundente vitoria de 74 a 0.

 

circuitosevengaliciaO Iveco Universidade finalmente xogará en Pontevedra a final da Copa Xunta ante CRAT de A Coruña. O Pontevedra RC organizará os partidos finais de todas as categorías no novo campo de Monteporreiro, onde estará presente tamén o Universidade de Vigo Rugby xuvenil ante a sorpresa, Lalín RC.

 

 
374carlos_blancoO Iveco Universidade clasificouse para disputar a final da Copa Xunta de Galicia de rugby tras gañar ao Lalín RC por 60 a 0 no estadio lalinense do Manuel Anxo Cortizo, nas semifinais do campionato.

 

Carlos Blanco conta dende Edimburgo: "A experiencia de xogar en Twickenham, a catedral do rugby en Londres, foi incrible. A xente, a organización e o nivel dos equipos todo foi marabilloso. A pena é que nos escapara o partido ante Escocia que case tiñamos gañado, pero nese sentido, como xogamos a un gran nivel, en xeral quedamos moi satisfeitos".

Sobre esta fin de semana comenta: "Volvemos xogar contra Gales e esperamos facelo mellor que en Londres, contra Inglaterra esperamos dar a sorpresa e a Portugal esperamos gañarlle. Se conseguimos estes resultados estariamos en cuartos de final pola copa do torneo, ese é o noso obxectivo, e creo que estamos en condicións de conseguilo".

 

374carlos_blancoNon puido ser e o Universidade de Vigo Rugby viuse dobregado polo CRAT na final da Copa Xunta feminino por 0 a 34. A experiencia calidade do equipo coruñés foi clave para gañar a final disputada no campo do CUVI.

 

vigorugbycartel2O Vigo Rugby Club organizará o próximo sábado 28 de maio, no campo do CUVI Lagoas Marcosende, o I Torneo Internacional de Rugby Infantil no que participarán 9 clubs.

 

374carlos_blanco_y_oscar_ferrerasO xogador do Iveco Universidade Vigo Rugby, Carlos Blanco, formará parte do grupo específico de Rugby a Siete do equipo nacional de Seven que iniciará os adestramentos seguindo un plan intensivo de preparación do 12 de Abril ao 24 de Xullo, para as competicións previstas nese período.

 

374renovacion_mariano_berlandeO Vigo Rugby Club renovou esta semana a outros dos seus xogadores, ao zaguero neozelandés Riki Tukaki, e ao segunda liña arxentino Mariano Berlande.

 

374carlos_blanco_y_oscar_ferrerasO Vigo Rugby Club comeza a dar forma ao proxecto para a tempada 2011-2012, neste caso pechando as renovacións de 2 dos seus principais xogadores.

 

ascensovigorugbyLogo da festa polo ascenso á División de Honra e os agasallos por parte de importantes institucións galegas, a Xunta Directiva do Vigo Rugby Club pon mans á obra para organizar e planificar a tempada 2011-2012.

 

brindisvigorugby2011Logo do importante logro conseguido polo Iveco Universidade de Vigo Rugby co seu ascenso á División de Honra, o Iveco Universidade participou en recepcións na Universidade de Vigo, o Concello de Vigo e no Salón Nobre do Pazo Raxoi en Santiago, co presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo como anfitrión.

 

babedominguezLogo do importante logro conseguido polo Iveco Universidade de Vigo Rugby co seu ascenso á División de Honra, esta semana está a ser de festexos.

 

ascensovigorugbyO club vigués logrou onte o ascenso á División de Honra de rugby. Será o primeiro equipo galego que logra competir na máxima categoría.

 

vigorugby2010.11O Iveco Universidade atópase na recta final da posta a punto para o importante partido de ida dos play-off da fase de ascenso á División de Honra, que se xogará este domingo 13 de febreiro ás 12.00 h no CUVI.

 

374img_8284Este domingo 13 de febreiro ás 12.00 horas xogará en As Lagoas Marcosende (CUVI) o partido de ida dos play-off de ascenso á División de Honra ante o CRC Madrid, campión hai dúas tempadas da máxima categoría e que debeu descender debido a problemas económicos.

 
maxO Iveco Universidade de Vigo xogará por segunda oportunidade na súa historia a eliminatoria de ascenso a División de Honra (Liga Renfe), e farao enfrontándose ao CRC Madrid, exactamente igual que en abril de 2006, cando se eliminou con este equipo (baixo o nome de Canoe) a dobre volta.

 

foto equipoO Iveco Universidade volve gañar contundentemente, esta vez ao Uribealdea en Munguía ante un público moi deportivo que rematou aplaudindo as boas xogadas do equipo vigués. O resultado final foi de 0 a 62 con 10 ensaios apoiados aos que se sumaron 6 conversións e conseguindo punto bonus.