Colaboradores

Logotipo  Vigo Rugby
Vigo Rugby
Presidente:  Ramón González-Babé Iglesias
Oficina:  1ª Travesía de Santiago de Vigo, 1 - 3º Izq. 36201 Vigo/info@vigorugby.es
Liga:  División de Honra B

foto_torneo_escuelasO Vigo Rugby Club organizará esta fin de semana o III Torneo Internacional de Rugby Infantil nas instalacións da Cidade Universitaria (CUVI) de Vigo. Nesta edición do torneo celebrarase o 25 aniversario da Fundación do Vigo Rugby Club.  Contará coa participación de máis de 400 xogadores entre nenos e nenas de 5 a 13 anos, e en torno a 50 adestradores e monitores.

 

mele_equipo_b_prensaOs vigueses gañan ao Mareantes por 17 a 5 e tómanse a revancha da liga. Ao vencer ao equipo pontevedrés xogará tamén a Copa Xunta de Galicia ante o outro finalista da competición, o Campus Ourense, ademais do CRAT de A Coruña e o Blusens Universidade de Vigo da División de Honra, estes dous últimos clasificados   directamente.

 

blanco_london_sevens_ante_hong_kong Destacada actuación do xogador do Blusens Universidade de Vigo, Carlos Blanco, nos partidos clave. O seleccionado de seven español conseguiu a permanencia unha tempada máis nos HSBC IRB World Sevens, o circuíto mundial da especialidade, no decisivo torneo de Londres. Oito equipos disputábanse as tres prazas dispoñibles e a pesar de perder dous partidos ante Tonga e Portugal, por só unha vitoria ante Rusia na primeira xornada de grupos, as sensacións eran boas para a segunda xornada de cuartos de final ante Hong Kong.

 

tuifua Grande repercusión no rugby español sobre a convocatoria do centro Isaia Tuifua, do Blusens Universidade de Vigo, coa selección de Samoa, sétima no ranking mundial da IRB, e unha das seleccións máis en forma na actualidade. A federación samoana deu a coñecer a lista de convocados e entre os xogadores pertencentes a prestixiosos clubs de rugby mundiais como Hurricanes (NZ), Crusaders (NZ), Cardiff Blues (Gales), Stade Francais (Francia) ou Harlequins (Inglaterra), figuraba o xogador do primeiro equipo do Vigo Rugby.

 

renovacion_montiA pasada cea de despedida de David Monreal entre directiva e corpo técnico serviu para confirmar a volta do técnico catalán para a tempada 2013-2014 unha vez que sexa pai en Nova Zelandia, e así poñerse á fronte da dirección deportiva do Vigo Rugby Club.

 

Tuifua_Vigo_Rugby_abril_2013O Blusens Universidade de Vigo venceu onte ao Ampo Ordizia nun partido no que dominou de principio a fin ao finalista da Copa do Rei, e ata hoxe cuarto clasificado da liga. Desta forma pecha unha segunda volta espectacular con tres vitorias e un empate ante os catro primeiros clasificados.

 

joako_pasa_en_BaldiriO Blusens Universidade de Vigo tráese un empate de Barcelona, dun campo no que os locais só foran derrotados polo poderoso euro Gernika de principios de tempada. Desta forma o equipo vigués non dependía de ningún resultado para certificar a súa permanencia na División de Honra por unha tempada máis a falta dunha xornada.

 

Isaia_TuifuaO Blusens Universidade de Vigo atopase preparando a viaxe a Barcelona para disputar o partido ante o UE Santboiana SEAT, segundo clasificado e equipo máis en forma desta segunda volta de liga. Monreal e Mera preparan o partido a conciencia xa que a permanencia aínda non está asegurada matematicamente a pesar de que as probabilidades de que Hernani consiga 6 puntos nos 2 partidos que lle quedan, son moi baixas.

 

carlos_blanco_mascara_hong_kongLesiónase no Seven de Hong Kong.  Despois do triunfo ante o líder da competición o pasado sábado en As Lagoas, o Valladolid Rugby Quesos Entrepinares, o Blusens Universidade de Vigo descansaba esta Semana Santa para logo trasladarse a Valladolid para enfrontarse ao outro equipo da cidade, El Salvador.

 

tito_en_pick_and_goO Blusens Universidade gañou, o pasado sábado, novamente ao líder da competición. Se hai un mes o que saíu derrotado de As Lagoas Marcosende foi o Bizkaia Gernika, esta vez foi o último campión e actual líder da División de Honra, o VRAC Quesos Entrepinares. O resultado final foi de 18 a 12 cimentado abrigo nunha segunda parte na cal o acoso vigués non permitiu saír ao equipo pucelano da súa propia zona de 22.

 

O VRAC que é o último campión de liga, visita o campo do CUVI como actual líder da competición logo de adiantar ao Gernika, que lle segue con 7 puntos menos, nun momento no que o Blusens Universidade de Vigo non atopa, non só o seu nivel de principios de ano, senón tamén aquelas facetas do xogo que son a súa bandeira, como a defensa, o xogo á man e o sacrificio permanente para ir buscar o partido.

 

O Blusens Universidade de Vigo caeu no País Vasco ante o Getxo Artea co cal estaba igualado a puntos, nun importante do pola permanencia, que agora dá tranquilidade ao equipo vencedor, máis aínda tras coñecerse a derrota de Hernani o sábado ante o Atlético de Madrid. Esperaba un pouco máis do equipo vigués despois do grande arranque deste 2013, pero volveu caer nos mesmos erros que no pasado partido de Ás Lagoas Marcosende ante o Santboiana, tanto no manexo de balón e como na baixa intensidade en defensa, dous das súas principais bandeiras de xogo.

 

20130304_VigoRugbyFotografoDiegoDolan2O Blusens Universidade atopouse en Ás Lagoas Marcosende cun bo Santboiana Seat, co que perdeu por 3 ensaios a 5. Malia non realizar un xogo co nivel dos últimos partidos, con algúns erros de manexo, fallos nas marcas defensivas e menos intensidade da habitual, o Blusens Universidade soubo crear perigo en varias fases do partido, e estar metido ata os últimos minutos na disputa do encontro, que ao final soubo ampliar o equipo catalán nas últimas xogadas.

 

carlosblancospainCarlos Blanco, flamante gañador da Copa de Bronce no "seven" de Goal Coast das Series Mundiais con España, confirmoulle ao corpo técnico a súa presenza para o partido ante Cajasol Ciencias, do vindeiro domingo 4 de novembro nas Lagoas Marcosende (12:00).

Desta forma o xogador hispano-australiano disputará o seu primeiro partido co equipo vigués, o que lle achegará calidade de xogo ao equipo, tanto en ataque como en defensa.

Así, Blanco unirase ao novo reforzo neozelandés, o "all black" Campbell Johnstone, que arribará a Vigo o vindeiro venres.

Está previsto polo club que de forma inmediata o xogador se porá a disposición do corpo técnico para o transcendental partido ante o equipo andaluz, en busca do primeiro triunfo de liga.

 
gonzalo_escobar1Nova fichaxe para o Iveco Universidad de Vigo, pechacancelas da Liga Renfe de rugby.

Gonzalo Escobar xa poderá debutar no partido da fin de semana, básico, fronte ao Sanitas Alcobendas, penúltimo clasificado.

 

vigo_rugby_gernikaO Universidade de Vigo Iveco debutou en Lagoas Marcosende ante o Gernika Rugby, nun partido no que o conxunto vasco expuxo un grande poderío físico. O Universidade Vigo pola súa parte non xogou o seu mellor partido, con moitos erros non habituais no seu xogo.  Tampouco puido atoparse na loita, onde perdeu moitos balóns, nin nos lanzamentos de touche, con continuos lanzamentos parciais, que o facían perder a posesión.

 

374ampoordizia-ivecovigoO Universidade de Vigo Iveco realizou onte un grande partido en Ordizia malia caer derrotado por 21 a 16, o que valeu traerse un punto bonus por perder por menos de 8 puntos, e novamente deixa sen bonus ao seu rival, como no primeiro partido ante La Vila.

 

vigorugby_puerto_set2011O Grupo Vasco Galega, grupo loxístico e actividades portuarias de capital vigués, invitou no día de onte a toda a familia do Vigo Rugby Club a realizar unha visita guiada polo porto.

 

374vigorugby_alicante_set.2011Chegou o debut ligueiro do Universidade de Vigo Iveco na División de Honra española. O equipo vigués desprazouse a Villajoyosa (Alicante) en autocar o venres pola tarde para chegar a destino o sábado pola mañá, mirar partidos do mundial de rugby e retirarse a descansar aos cuartos do hotel.

 

vigorugby_8.9.11Onte levouse a cabo a presentación oficial do Universidade de Vigo Iveco Rugby nas instalacións da Universidade de Vigo coa presenza de autoridades da universidade, deputación, Xunta e Concello, ademais de patrocinadores. Nela particparon todo o equipo, corpo técnico e directiva, cunha apmlia presenza de medios de comunicación.

Dossier Vigo Rugby (4.82 MB)