Colaboradores

Logotipo  Vigo Rugby
Vigo Rugby
Presidente:  Ramón González-Babé Iglesias
Oficina:  1ª Travesía de Santiago de Vigo, 1 - 3º Izq. 36201 Vigo/info@vigorugby.es
Liga:  División de Honra B

Nun partido que o Blusens Universidade comezou perdendo pero pasou a gañar durante grande parte do partido. O Blusens Universidade de Vigo caeu onte ante o Ampo Ordizia por 26 a 16, nun partido ao que se chegou ao descanso con vitoria parcial local por 13 a 10, malia ir perdendo xa aos 8 minutos por 10 a 0 tras dous ensaios tempraneros dos vascos.

 

O Blusens Universidade de Vigo caeu no seu desprazamento a Santboi de Llobregat por 33 (bonus ofensivo) a 16 ante unha Santobiana, unha nova pero talentosa formación, nun encontro no que sempre foi por detrás no marcador.

 

O Blusens Universidade de Vigo desprazarase en avión dende Santiago de Compostela o sábado pola mañá para disputar o seu partido ante o decano do rugby español, o UE Santboiana, partido que a punto estivo de suspenderse ante a convocatoria de 4 xogadores do equipo catalán á selección española sub 19. Finalmente o partido será ás 16.00 h do sábado como estaba previsto, no campo de Baldiri, de Santboi de Llobregat, Barcelona.

 

O Blusens Universidade de Vigo B venceu o sábado en As Lagoas Marcosende no primeiro partido da Primeiro Territorial Galega ao recén ascendido Pontevedra por 38 a 17, un resultado que non reflicte o amplo dominio que se viu no terreo de xogo.

 

vigorugby_entrepinaresO Blusens Universidade de Vigo venceu outra vez, como a pasada tempada, ao líder o VRAC Queixos Entrepinares nun partido que se decidiu no último minuto, cun golpe de castigo moi complicado, transformado polo vasco francés Jérémy Simon por 28 a 27.

 

Vigo_Rugby_At._MadridO Blusens Universidade de Vigo caeu onte na súa accidentada viaxe a Madrid ante o Rugby Atlético de Madrid por 26 a 13, nun partido parello e con momentos de bo xogo por parte do equipo vigués aínda que repetindo algúns erros no xogo, sobre todo pola frouxa defensa na liña, en partido que nunca deu a sensación de poder controlar malia ter grande parte da iniciativa.

 

O Universidade Vigo Rugby iniciou os adestramentos, baixo a tutela de Santiago Lemos, e busca xogadoras para o equipo que poida loitar por conseguir o ascenso á División de Honra. As personas interesadas poderán poñerse en contacto co club no correo electrónico rugbyfemenino@vigorugby.com

 

vigo_rugby_22.09.13O segundo partido de liga do Blusens Universidade de Vigo foi tamén derrota, logo de caer na primeira xornada por 31 a 25 ante Cisneros, agora foino por 34 a 18 ante Getxo, e sen bonus defensivo. Ao equipo vigués estalle a custar atopar o ritmo de xogo, e continúa cometendo moitos erros, sobre todo en la touch.

 

rugby_cisnerosO Blusens Universidade de Vigo Rugby perdeu o sábado en As Lagoas un partido que chegou a dominar ata mediada a segunda parte, malia chegar perdendo ao descanso por 8 a 10 ante un Complutense Cisneros de gran nivel e que seguro pelexará polos postos altos da táboa ao final de tempada, con resultado final de 25 a 31.

 

Monreal e Mera atópanse ultimando detalles de cara ao inicio de liga na que o Blusens Universidade de Vigo o fará como local ante o equipo madrileño de Complutense Cisneros, histórico equipo do rugby español. O equipo vigués vén traballando ao completo salvo pola baixa do pilier catalán, aínda que xa considerado xogador da casa, Oscar Ferreras, que deberá gardar repouso para os primeiros meses de liga.

 

vigo_rugby_presentacionO pasado venres, coa asistencia do Presidente de VIDE e Concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o Blusens Universidade de Vigo Rugby presentou a nova tempada coas incorporacións estranxeiras dos neozelandeses Luke Graham, Josh Rowland e Sam Hayes-Stevenson, o tongano Falemaka Tatafu e o hispano francés Jérémy Simon.

 

Coa incorporación, onte, das fichaxes internacionais, Sam Hayes, Luke Graham, Josh Rowland e Maka Tatafu, o Blusens Vigo Rugby xa ten o equipo ao completo. Os vigueses, que adestran dende a primeira semana de agosto ás ordes de David Monreal, reciben na súa primeira cita liguera, o próximo 15 de setembro, ao C.R. Cisneros.

 

Blusens Universidade de Vigo caeu en Tordesillas ante o equipo pucelano por 49 a 5, resultado final ao que se chegara cun parcial de 21 a 0 en contra ao descanso. O equipo vigués non puido contar para este partido con Carlos de Cabo nin Mariano Berlande. Tampouco o fixo coas incorporacións neozelandesas que chegarán a Vigo o próximo mércores.

 

vigo_rugbyO Blusens Universidade de Vigo desprazarase este sábado 24 de agosto ata Tordesillas invitado polo VRAC Queixos Entrepinares, o último campión ligueiro, para disputar o primeiro partido de pretempada no IX Trofeo Memorial Hermosilla. O partido xogarase ás 20.00 h.

 

jeremiChega do Boucau de la Fédérale 2 francesa. O novo xogador de 21 anos foi contactado durante o pasado partido entre as seleccións de Galicia e Euskadi, seleccionado no cal xogou no posto de apertura, a súa posición natural aínda que tamén o pode facer de medio loita. Incorpórase desta forma para reforzar a liña de tres cuartos e como alternativa a Maguna e Luke Graham.

 

vigo_rugbyO Blusens Universidade de Vigo chegou a un acordo co piar tongano, Maka Tatafu de 181 cm e 118 kg,  que xoga dende hai varias tempadas no Counties Manukau da ITM Premiership, a primeira división do rugby neozelandés. Counties que chegou a esta división logo de quedar campión da ITM Championship a pasada tempada, e é o mesmo club do que proviña Chris Maclaren, segunda liña que jugo en Vigo a pasada tempada. Maka é un piar con 35 anos, que xoga en posto de piar dereito, o número 3, e achegará experiencia grande á loita.

 

O Vigo rugby Club chegou a un acordo coa empresa galega, con sede central en Texvigo, para que sexa a provedora da indumentaria oficial tanto do primeiro equipo coma de todas as categorías do club.

 

O Vigo Rugby organiza este sábado, dende as 10.30 h nas instalacións do Campus Universitario da Universidade de Vigo, o torneo pola 4ª serie que pecha o circuíto nacional da especialidade de Touch Rugby, modalidade que cada vez máis gaña máis adeptos tanto en España coma noutros países con tradición de rugby.

 

david_monrealDavid Monreal, adestrador do Blusens Universidade de Vigo de rugby, foi votado polos demais adestradores da División de Honra como un dos dous finalistas a mellor adestrador da tempada 2012-2013, na tradicional enquisa que realiza Rugby Solucións todos os anos, empresa dedicada á formación de rugby en España.

 

A únicas categorías que seguen coa súa actividade son as da escola infantil. Debido ao comunicado enviado onte por la Federación Galega de Rugby, no que informaba que a compañía de seguros médicos -que cubría todas as actividades dos equipos nas distintas competicións- rescindira o contrato de forma unilateral antes do período establecido, a actividade do club finalizará esta semana ata a pretempada de agosto.