Colaboradores

Logotipo S.D. Octavio
S.D. Octavio
Oficina:  Oficina Pavillón I.M.D. Avda. Castrelos, 1 36210 Vigo
Horario:  De luns a venres de 17 h. a 20 h.
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas.-Grupo A
Telefono:  986 242 731
374pilotesO Pilotes Posada, de vacacións ata hoxe domingo tras pechar o ano como colíder da División de Honra Prata, buscará o seu segundo título da tempada os días 8 e 9 de xaneiro en Moaña (semifinais) e Chapela (consolación e final). Mañá luns volta aos adestramentos.

Tras adxudicarse a Copa Deputación en setembro en Lalín (32-29 fronte ao Frigoríficos Morrazo), agora os de Quique Domínguez pelexarán polo torneo autonómico, que gañou na súa primeira edición (2007) pero que nunca máis puido alzar.

 
logoesp2013aO balonmán vigués está de parabéns. O Pilotes impúxose este sábado ao Anaitasuna, un clásico do campionato estatal, nas Travesas (25-24), o pavillón que definitivamente acollerá a Copa do Rei, como en 1973; a Federación Española de Balonmán gañou a organización do Mundial masculino de 2013 (e Galicia, e Vigo, aspiran a organizar algunha sede, segundo anunciou estes días a Federación Galega de Balonmán). E a Copa Asobal ten opcións de disputarse tamén no IMD.

 
spain18O lalinense Pablo Cacheda (número 19, tras a copa de subcampións) proclamouse este domingo subcampión de Europa sub 18 con España, tras perder a final do campionato ante Croacia por 26-27 (13-11) en Podgorica (Montenegro).

 

Satisfacción no Pilotes Posada polos resultados da fin de semana no Trofeo Cidade de Vigo e no amigable co Porto en Portugal, resoltos cunha vitoria e unha derrota.

 

fcbO Pilotes Posada presenta hoxe venres as categorías base do club, ao redor dun cento de xogadores dende idade prebenxamín a xuvenil.

 

 
videpilotesO Trofeo Cidade de Vigo enfrontará este venres (20:15 horas, As Travesas) ao Pilotes Posada vigués co FC Barcelona, actual campión da Copa do Rei e da Copa Asobal.

 
quiquedominguezO Pilotes Posada, club do programa Siareiros Elite de VIDE e este ano na División de Honra Prata do balonmán estatal, abre hoxe venres a serie de amigables de pretempada que Quique Domínguez, o seu adestrador, ten preparado.

 
quiquedominguezO Pilotes Posada, club do programa Siareiros Elite de VIDE e este ano na División de Honra Prata do balonmán estatal, abre hoxe venres a serie de amigables de pretempada que Quique Domínguez, o seu adestrador, ten preparado.

 
eranO Pilotes Posada é o primeiro equipo do programa Siareiros Elite en comezar a pretempada. Será hoxe martes ás 20:00 horas no pavillón das Travesas. Unha hora antes, o cadro técnico reunirase cos xogadores para as presentacións formais.

 
cacheda2010"Este ano temos oito xogadores galegos, a metade do equipo". Javier Rodríguez, presidente do Pilotes Posada, non se cansa de repetilo.

 
quiquedominguezO Pilotes Posada disputará a Copa do Rei a catro xornadas do remate da Liga de División de Honra, que este ano se denominará División de Honra Prata.

 
pilolo1O Pilotes Posada xogará un mínimo de sete partidos esta pretempada, que comezará o vindeiro 3 de agosto.

 
manosO Pilotes Posada presentou hoxe na sede da Fundación VIDE a dous novos xogadores, Eduardo Moledo (23 anos e extremo dereito) e Fran González (37 anos, primeira liña polivalente).

 
juanJuan Bosco Rentero decidiu abandonar o balonmán activo. Hai apenas tres semanas comprometeuse ata 2012 co Pilotes, pero unha proposta laboral fíxolle reformularse o seu futuro.

 
1pilottO Pilotes Posada presentou á súa nova fichaxe, Dani Cerqueira, procedente do Rosal, e anunciou a saída de Juan Rentero, a quen o pasado día 14 presentara como xogador académico para as dúas vindeiras tempadas.

 
javiNa primeira comparecencia pública do presidente do Pilotes Posada, Javier Rodríguez, dende a enfermidade sufrida, o club vigués anunciou boas e malas noticias por igual.

 

Último partido da Liga Asobal onde os vigueses se desprazaban a Logroño para enfrontarse ao Naturhouse. Resultado 24-20 a favor dos locais que conseguiron a súa mellor clasificación na máxima categoría do balonmán.

 

Partido sen tensión que acabou cun triunfo local. O capitán, Iván Infestas, despediuse da súa afección cun tanto ao final do encontro. A pena, Sempre Octavio, entregou a Infestas unha placa no descanso do partido.

 

pilotes04Ás 22:05 horas do mércores o Pilotes Posada certificou o seu descenso de categoría. O Lábaro Toledo empatou (32-32) diante do Cuenca 2016 e acadou os 18 puntos, os suficentes para manter a categoría a dúas xornadas para o remate da Liga Asobal. Ao perder en Eibar onte martes (27-26), o conxunto vigués necesitaba unha derrota do conxunto toledano, que na primeira metade chegou a ir 18-20 abaixo. No que vai de século, o Pilotes de Quique Domínguez perdeu a máxima categoria xa en tres ocasións, a anterior o 15 de maio do 2004.

 

quiquedominguezDerrota por un punto onte no estadio de Ipurúa ante o Arrate. O resultado final foi de 27-26 para os guipuzcoanos. Os vigueses teñen poucas opcións de permanecer na liga Asobal a próxima campaña.