Colaboradores

Logotipo S.D. Octavio
S.D. Octavio
Oficina:  Oficina Pavillón I.M.D. Avda. Castrelos, 1 36210 Vigo
Horario:  De luns a venres de 17 h. a 20 h.
Liga:  Balonmán 1ª Estatal mas.-Grupo A
Telefono:  986 242 731

O Academia Octavio enfrontouse o sábado, en As Travesas, ante o outro descendido de Asobal, o ARS Palma del Río con marcador favorable ao cadro vigués por 28-13. Os de Córdoba só loitaron os quince primeiros minutos deixando o resto do partido aos vigueses xogar a seus anchas. Quique Domínguez aproveitou para probar tácticas diferentes con xogadores menos habituais.

 

O Academia Octavio cedeu ante o Alcobendas (29-24) o sábado ,a domicilio, na oitava xornada da División de Honra Prata de balonmán masculino. Os vigueses demostraron ser un equipo moi pelexón e loitaron durante todo o encontro, pero xa nos minutos finais, os de Quique Domínguez estaban ao límite e perderon os puntos.

 

O Academia Octavio venceu sen dificultade ao Ereintza de Rentería o pasado sábado no pavillón das Travesas por 33 a 27. Con rendas a favor de ata nove goles na primeira parte, os vigueses comezaron a segunda metade máis frouxos pero grazas ao bo facer de Casares e á expulsión por parte visitante de Tolaretxipi, lograron rematar o encontro cun marcador favorable e levarse os puntos.

 

Empate do Academia Octavio e o Antequera por 25-25. A falta de catro segundos para o final, Dani Hernández, máximo goleador do partido, marcou o gol do empate que lle permitiu ao Academia Octavio levarse un punto da súa visita a terras andaluzas. Este sábado, os de Quique Domínguez reciben ao Ereintza Aguaplast en horario aínda por determinar.

 

O Academia Octavio caeu na localidade xerundense de Bordils ante o Handbol por 31-22 en partido de Copa do Rei. Nun abarrotado pavillón os vigueses sempre foron por detrás no marcador, castigados por unha impenetrable defensa do Handbol Bordils.

 

Polo menos dous meses de baixa, é o tempo que estará o porteiro do Academia Octavio, Pablo Chantada, por unha fisura nun dos ósos da man dereita, concretamente no cuarto metatarso. Grande contratempo para Quique Domínguez que queda só con García Lloria baixo os paus, debendo recorrer a un gardameta das categorías inferiores.

 

O Academia Octavio venceu, o pasado sábado, no pavillón de As Travesas, ao MMT Seguros Zamora por un apurado 28 a 26. Os vigueses gañaban aos casteláns, en quinta xornada liguera da División de Honra Prata, tras pelexar e empregarse a fondo para levarse os puntos.

 

Derrota o pasado sábado do Academia Octavio (27-26) ante o Pozoblanco, en partido disputado no pavillón cordobés Juan Sepúlveda, na cuarta xornada da División de Honra Prata masculina.

 

Partido igualado o que se viviu o sábado na pista central do pavillón de As Travesas. Terceira xornada da División de Honra Prata de balonmán masculino. Enfrontábanse os académicos ao todopoderoso Barcelona B cun marcador final de 28-29. Os erros en superioridade numérica dos vigueses condenaron ao equipo de Quique Dominguez a unha derrota evitable na seu cancha.

 

O Academia Octavio arrancou un valioso punto, en Torrelavega, tras un emocionante encontro onde os vigueses merecían levar a vitoria, xa que foron case sempre por diante no marcador. Na próxima xornada, o equipo que dirixe Quique Domínguez recibe ao Barcelona "B". A cita será na pista central de As Travesas, este sábado, ás 20 h.

 

O Academia Octavio venceu o sábado, na primeira xornada da División de Honra de Prata, ao Handbol Borkils (32-24). Partido cun comezo tolo onde, pouco a pouco, os vigueses foron impoñendo o seu xogo axudados da boa actuación de Jorge Lloria na portería e o bo acerto de Cerillo e Javito.

 

Derrota do Academia Octavio no XV Trofeo Concello de O Rosal ante o Frigoríficos do Morrazo. O encontro foi igualado e o marcador foi favorable aos de Cangas nos últimos instantes do partido, que rematou cun 25 a 26. O Frigoríficos dominou o primeiro período chegando ao descanso cunha diferenza de 6 goles. Os académicos foron crecendo ata ter a posibilidade de empatar a falta de dez segundos, pero o porteiro do Morrazo impediuno. Os de Quique Domínguez chegaban á final despois de vencer por 28 27 ao ABC Braga, en partido disputado na xornada do venres.

 

A XV edición do Trofeo Concello O Rosal dará hoxe o pistoletazo de saída, ás 20 h., co encontro entre o Academia Octavio e o ABC Braga no Pavillón do Rosal. Será o segundo encontro que xoguen os dous conxuntos esta pretempada. No primeiro levou a vitoria o equipo portugués por 31 a 23.

 

Os de Quique Domínguez clasificáronse, onte, para as semifinais da Copa Galicia de balonmán, tras gañar ao Embutidos Lalinense por 23 a 28 no pavillón Lalín Arena. Partido máis igualado do esperado. Dani Hernández, Hermida e Fran González, con 5 goles cada un, foron os máximos goleadores.

 

Ao Academia Octavio agárdalle unha semana intensa de pretempada. Os vigueses xogan mañana en Lalín os cuartos da Copa Galicia fronte ao Embutidos Lalinense-Balonmano Lalín ás 21.30 h.

 

O Academia Octavio venceu, o sábado, nos oitavos de final da Galicia de balonmán, ao Granitos Ibéricos SD Carballal (24-26), na súa pista, nun partido con máis dificultade da esperada. Os vigueses terán como próximo rival ao Lalín, que gañou ao Lavadores por 35-20.

 

O Academia Octavio venceu, o sábado, nos oitavos de final da Galicia de balonmán, ao Granitos Ibéricos SD Carballal (24-26), na súa pista, nun partido con máis dificultade da esperada. Os vigueses terán como próximo rival ao Lalín, que gañou ao Lavadores por 35-20.

 

O FC Porto Vitalis, actual campión da liga portuguesa, venceu ao Academia Octavio (25-33) no II Trofeo Eurocidade disputado onte en Tui. Os vigueses, a pesar da derrota, demostraron melloría de xogo na súa preparación para a próxima tempada.

 

octavioNa mañá de onte, na sede de VIDE, o Club Academia Octavio presentou a tres fichaxes para a segunda categoría do balonmán nacional que o equipo vigués disputará a vindeira tempada. Acompañados do presidente do club, Javier Rodríguez, e do seu adestrador, Quique Domínguez, Alberto Casares, Gonzalo Carró e Manu Martínez, os novos xogadores mostráronse moi ilusionados ante o salto de categoría. 

 

  

 

CachedaTras cinco tempadas co Academia Octavio Pablo Cacheda anunciou onte, en rolda de prensa, na Fundación VIDE, a súa marcha do club para xogar nun equipo de Asobal a próxima tempada. Arroupado polo presidente do club, Javier Rodríguez, e o seu adestrador, Quique Domínguez, Cacheda explicou que ainda non ten nada pechado e que esta a estudiar as diferentes ofertas recibidas. Tamén tivo palabras de agradecimiento para todo o equipo académico e especialmente para Quique Domínguez, "sin a súa confianza non crecería tanto".