Colaboradores

Logotipo Club Bádminton Rachaplumas
Club Bádminton Rachaplumas
Presidente:  Mª Asunción Álvarez Lemos
Oficina:  Avda. Ramón Nieto, 133 - P.1 - 5º A 36205 Vigo
Telefono:  654620136
Email:  cbrachaplumas@yahoo.es

Do 21 ao 25 de maio, dous xogadores do Club Bádminton Rachaplumas, Jacobo Fernández e Gabriel Fernández xunto ao técnico do club, Juan Fernández, participaron na concentración nacional de Bádminton do programa Se Busca Campeón. Catro días intensos de traballo para mellorar a súa técnica cos mellores xogadores nacionais sub-13 e técnicos do programa e responsables da Federación Española de Bádminton.

 

rachaplumas_ponteareasEste domingo tivo lugar no Pavillón Municipal Álvaro Pino de Ponteareas o Campeonato Provincial Escolar de Bádminton. Máis de 200 deportistas de toda a provincia, repartidos nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, tomaron parte representando a 12 entidades que compoñían un total de 35 equipos tomaron parte na proba que disputaron máis de 250 partidos entre as 10 e as 15 horas.

 

Juan Fernández logrou unha meritoria terceira praza en individual masculino dean o Campionato de España de Veteranos celebrado na localidade coruñesa de Cedeira do 2 ao 4 de maio de 2014.

 

rachaplumas_oviedoA pasada fin de semana, tres xogadores do Club de Bádminton Rachaplumas participaron no Master Nacional sub-13 de Oviedo que se celebrou no Polideportivo Corredoira Arena de Oviedo. Os xogadores vigueses desprazados foron Ana Belén Salgueiro, Gabriel Fernández e Omar Vila.

 

badmintonO pasado domingo o CIFP Manuel Antonio de Vigo acolleu a novena e última proba do Circuíto Galego sub-13 e sub-17 de bádminton. O Club de Bádminton Rachaplumas logrou tres platas e un ouro da man de Gabriel Fernández e Omar Vila. A próxima fin de semana o club vigués participará no Campionato de España de veteranos en Cedeira e no Master Nacional Sub 13 en Oviedo.

 

rachaplumasO pasado sábado celebrouse no Pavillón do CIFP Manuel Antonio de Vigo unha nova proba da Competición Escolar de Bádminton - Zona Vigo para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete coa participación dun total de 120 deportistas de 11 entidades do sur da provincia de Pontevedra.

 

rachaplumasEste domingo o CB Rachaplumas participou con 5 xogadores no Campionato Galego sub-11 que se celebrou en As Neves. Os xogadores desprazados foron Carlota Isorna, Marta Gómez, Uxía Fernández, Javier Alava e Jacobo Fernández que conseguiron un total de 4 medallas.

 

rachaplumas_portugalA pasada fin de semana, o CB Rachaplumas participou no I Torneo Internacional Cidade de Espinho en Portugal. Un total de 24 xogadores repartidos nas categorías sub-11, sub-13, sub-15, sub-17, sub-19 e Veteranos foron os desprazados a Espinho. Éxito da expedición viguesa que volveu cun total de 24 medallas (8 ouros, 7 pratas e 9 bronces) sendo o grande protagonista do torneo.

 

rachaplumas_15.03.14O pasado sábado celebrouse no pavillón do CIFP Manuel Antonio de Vigo a 6ª proba da Copa Deputación de Pontevedra de bádminton na modalidade de dobres. Un total de 140 deportistas de 16 entidades do sur da provincia de Pontevedra.

 

rachaplumas_8.3.14A pasada fin de semana, na pista Vermella do IMD das Travesas, celebrouse o XXXVI Campionato Galego sub-13 e sub-19 de bádminton organizado polo CB Rachaplumas. Un total de 70 xogadores representando os clubs galegos: Club do Mar de San Amaro de A Coruña, Club Athlos de Ourense, CB Li-Ning A Estrada, CB Los Sauces de Pontevedra, CB As Neves e o anfitrión, o CB Rachaplumas, tomaron parte na proba disputando un total de 150 partidos.

 

RACHAPLUMAS_SUB-11Novo éxito dos xogadores do CB Rachaplumas no Circuíto Galego sub-11 de Bádminton. Esta vez, ante a súa afección na casa, os xogadores vigueses volveron subir ao máis alto do podium con dous novos ouros a cargo de Jacobo Fernández en individual masculino e Jacobo Fernández xunto a Javier Alava no dobres, a iso hai que sumar dous bronces en individual masculino a cargo de Javier Alava e o individual feminino a cargo de Marta Gómez.

 

BadmintonNovo éxito dos xogadores do Club Bádminton Rachaplumas no Circuíto Galego sub-11 de Bádminton. Esta vez foi en A Coruña, o pasado domingo, logrando o ouro no individual masculino, por medio de Jacobo Fernández, e no dobres, con Jacobo Fernández xunto a Javier Alava, a iso sumouse o bronce en individual masculino a cargo de Javier Alava.

 

RachaplumasO pasado sábado celebrouse no Pavillón do CIFP Manuel Antonio de Vigo a 5ª proba da Copa Deputación de Pontevedra de Bádminton na modalidade de Individual organizada polo Club Bádminton Rachaplumas. Un total de 180 deportistas de 16 entidades do sur da provincia de Pontevedra tomaron parte na proba para disputar máis de 300 partidos.

 

rachaplumas_febreiroEste sábado, Vigo vai ser sede do XXXVI Campionato Galego sub-13 e sub-17 de Bádminton organizado polo Club Bádminton Rachaplumas, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a Federación Galega de Bádminton. A proba vaise disputar no IMD das Travesas en horario de 10:00 h a 20:00 h, coa disputa dun total de 140 partidos e que conta coa participación 70 xogadores representados aos clubs  galegos:

 

RachaplumasO Club Bádminton Rachaplumas participou a pasada fin de semana no Circuíto Galego sub-11, proba puntuable para o ranking nacional, celebrado en As Neves, logrando dous oros. Os xogadores vigueses que tomaron parte na proba foron Jacobo Fernández e Javier Alava. Éxito para os vigueses que lograron o ouro en dobres, derrotando na final a a parella Lucía Rodríguez/Natalia Murio do CB As Neves/CB A Estrada por 15-7 e 15-1. Aos terceiros, Hugo López/Javier Pereira do CB A Estrada, derrotáronos por 15-10 e 15-3.

 

rachaplumasO Club Bádminton Rachaplumas culminou esta fin de semana a boa tempada que vén facendo na segunda división masculina da Liga Galega de Clubs 2013/2014 ao proclamarse campión e ascender a 1ª división. A 3ª e última xornada disputouse o domingo en A Estrada.

 

rachaplumasÉxito dos novos xogadores vigueses do CB Rachaplumas a pasada fin de semana no Master Nacional sub-13 de bádminton celebrado no Pavillón Municipal Alvaro Pino de Ponteareas. O CB Rachaplumas participou con catro xogadores sub-13, Ana Belén Salgueiro, Jacobo Fernández, Gabriel Fernández e Omar Vila. Os catro fixeron un gran papel e subiron ao podium.

 

medallistas_sub_13A pasada fin de semana o CB Rachaplumas organizou a terceira proba (segunda individual) do Trofeo CB Rachaplumas - Copa Diputación, coa participación de 150 de xogadores, representado a un total de 16 entidades. A competición tivo lugar no Pavillón do Manuel Antonio, de 10 a 21 horas, disputándose máis de 300 partidos.

 

rachaplumas_as_nevesA pasada fin de semana tivo lugar en As Neves a segunda xornada da Liga Galega de Clubs de bádminton 2013/2014. O CB Rachaplumas participou con tres equipos, dous masculinos en segunda división e un feminino. O primeiro equipo masculino logrou unha vitoria ante o CB A Estrada "C" por 4-1 e unha derrota ante o CB As Neves "C" por 2-3.

 

 

rachaplumas_gijonJacobo Fernández, Gabriel Fernández, Omar Vila e Ana Belén Salgueiro, do Club Bádminton Rachaplumas participaron a pasada fin de semana no Internacional de España sub 13 celebrado en Gijón. Bo papel dos xogadores vigueses. Ana Belén Salgueiro e Jacobo Fernández foron os destacados ao lograr a medalla de bronce no dobres mixtos.