Conta atrás para o Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show

Imprimir

cartel showMañá sábado, a partir das 16:00 h., dará comezo o I Trofeo Internacional Concello de Vigo de grupos show, na pista central do Pavillón de Travesas. Hoxe venres, ás 16:20 horas, comezan os adestramentos dos e das patinadoras. 

Abrirá a quenda deles o CPA Gondomar. Un total de catorce agrupacións prepararán os seus programas ata as oito do serán.

O Concello de Vigo impulsa unha nova acción para deportes do programa municipal de escolas deportivas. O presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou o pasado martes o evento de patinaxe artística, unha modalidade de gran aceptación e que enche sempre As Travesas.

O campionato, ofrecerá máis de seis horas de patinaxe artística en cinco categorías de grupos show: grupos pequenos e grandes, xuvenís, promoción e cuartetos. Serán en total 67 agrupacións, con enorme resposta dos clubs de Vigo.