O Club Patín Vagalume Celtamotor consegue numerosos podios no II Trofeo Internacional Cidade de Getxo

Imprimir

20150304 patin vagalumeA pasada fin de semana celebrouse en Vizcaya o II Trofeo Internacional de Patinaxe Artístico Sobre Rodas Cidade de Getxo, con participación de patinadores de España, Francia, Italia e Eslovenia. A organización correu a cargo do Club Patinaxe Show Getxo, que fixo un excelente traballo facendo sentirse como na casa a todos os participantes.

Máis de 270 patinadores en total, incluíndo a representación galega formada polo vigués Club Patín Vagalume Celtamotor, con 17 competidores, e o Club Fervello de Arteixo, que enviou a unha patinadora. Os resultados obtidos por ambos os dous clubs pódense considerar excelentes, xa que conseguiron subir ao podio nada menos que a oito competidores. Blanca Fandiño obtivo a vitoria na categoría de Solo Dance Junior, e a representante do Fervello, Andrea Castañeda, tamén conseguiu vencer na categoría Solo Dance Infantil. En Solo Dance Alevín, Paloma Fernández quedou segunda e Lucía Fontes terceira, con Noa Freitas cuarta. En Cadete Masculino, Himar Quereizaeta foi segundo. Xa na xornada do domingo, as máis pequenas do club demostraron que teñen un grande futuro por diante. Así Carla Hernández conseguiu quedar segunda en la categoría Nivel D Pequenos, con Candea Alonso terceira. E en Nivel C Pequenos, Noa Quereizaeta clasificouse terceira.