Cabecera Vide

Campionato provincial de niveis de patinaxe artística

O vindeiro 21 de novembro o Club Patin Vagalume organizará o CAMPIONATO PROVINCIAL DE NIVEIS DE PATINAXE ARTISTICA. Para este Club,  relativamente novo pero cunha gran traxectoría profesional, é o seu primeiro  campeonato, polo tanto organizouse con moita ilusión por parte de todolos integrantes, cativos, nenos e nenas, pais e nais, todos eles colaborarán unidos este día para intentar que sexa un campeonato  no que participan 21 patinadores/as na modalidade de figuras obrigatorias y 61 en la modalidad de libre, disfruten e compartan o patinaxe na nosa cidade.

Esta proba  é exclusiva da Comunidade  Galega. Consta durante o  ano de dous probas provinciais e una autonómica. O seu fin é que os/as patinadores/as se inicien na competición da patinaxe artística, nas modalidades: figuras obrigatorias e libre.

Divídese en cinco niveis marcados por idades:
 Nivel I    ata 7 anos (inclusive).
 Nivel II  8 e 9 anos.
 Nivel III  10 e 11 anos.
 Nivel IV  12 e 13 anos.
 Nivel V  dende 14 anos (sen límite de idade).

Na modalidade de figuras obrigatorias deberán realizar 3 exercicios obrigatorios. Na modalidade de libre realizarán un baile cuns integrativos obrigatorios. A duración da coreografia será de 2 minutos.