A Liga Linco (baloncesto intercolexial), unha idea do C.B. Seis do Nadal de 2003, pechou a tempada 15/16 este venres coa clausura da competición formativa por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández. No Multiusos de Navia, o rexedor entregou diplomas de participación e agasallos e comprobou a calidade e cualidades desta acción tan exitosa, ademais de pechar tamén o programa de escolas.
Na Liga Linco participaron seis centros de ensino (CEIP Seis do Nadal, CEIP Doutor Fléming, CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Javier Sensat e Labor) e as escolas do club nos polideportivos de Balaídos, O Berbés e Navia.