Abel Caballero e Manel Fernández recibiron ao baloncesto seis do nadal

Imprimir

seis concelloO alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantiveron o pasado mércores polo serán unha reunión coa directiva do Baloncesto Seis do Nadal para coñecer polo miúdo as necesidades do clube cara a tempada 2015/16.

O Seis do Nadal pertence ao programa Siareiros Club da Fundación Vigo en Deporte e forma parte tamén do programa municipal das escolas deportivas que xestiona o IMD, organismo dependente da Concellería de Deportes.

Na presentación do programa Siareiros da semana pasada, foi o club coa meirande representación de deportistas no acto oficial de comezo da campaña.