Cabecera Vide

Brillante actuación do Vigo Squash en Oporto e Corvera

VigoSquash oporto1A pasada fin de semana celebrouse en Oporto o Torneo Internacional Copa Ibérica de squash onde participan os mellores juniors galegos e portuguese, nas instalacións do Club Pro Racket, inagurado o ano pasado e que consta de 7 pistas de squash). O Vigo Squash participou cunha vintena de xogadores sendo de longo como xa é norma habitual nos últimos anos o club con máis participantes e os resultados foron excepcionais.

En sub 19 masculino, Cio García conseguiu o subcampionato ao ceder solo na final ante o portugués Jorge Monteiro, e Marta Domínguez no feminino conseguiu tamén o subcampionato ao ceder por 3-1 ante a tamén portuguesa Catariana Nunes.

En sub 17, Andrés Vázquez conseguiu o campionato ao impoñerse nun duro partido ao portugués Tiago Leite por 3-2.

En sub 15 feminino, a campioa foi María Domínguez impoñéndose á tamén xogadora do Vigosquash, Sofía Rodríguez.

En sub 13 feminino, a xogadora do Vigosquash, Sofia Rodríguez perdería nunha dura final ante la santiaguesa Martina por 3-1.

En canto aos senior, dous dos mellores xogadores do Club desprazáronse ata Corvera (Asturias) para competir nunha das máis importantes probas do panorama nacional. Miguel Mercé, perdeu a final contra o asturiano, Santiago Solla, nun durísimo partido, Miguel gañou na semifinal ao seu compañeiro Rene Lastra, o cal acabaría impoñéndose por 3-0 na disputa polo terceiro posto.

Excelentes resultados que colocan ao club outro anos máis á cabeza do squash galego de base.

Manel Fernández, presidente de VIDE e concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, felicita ao Club e os seus deportistas pola súa grande actuación.