Cabecera Vide

O Vigo Squash brilla no Galego de categorías base

squashO Club Vigo Squash sumó tres medallas de ouro, tres de prata e dous de bronce no Campionato Galego 11-15-19, que se celebrou en Balaídos a pasada fin de semana. Coa participación de 50 deportistas contou coa presenza das mellores raquetas a nivel nacional. En categoría sub 11 masculina, Breixo Miuños obtivo o terceiro posto. En sub 15 masculino, Andrés Vázquez foi terceiro. En sub 15 feminino houbo pleno do Vigo Squash, María Domínguez primeira, Sofía Pérez segunda e Icía Riveiro terceira.

En sub 19 masculino, Cío García foi subcampión e en sub 19 feminino, Marta Domínguez tamén foi subcampiona.

O Vigo Squash forma parte da familia Siareiros da Funcación VIDE e o seu presidente e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitou o club vigués polos seus éxcelentes resultados e o bo traballo realizado a prol do deporte da cidade.