Cabecera Vide

A viguesa Marta Domínguez, campioa de españa sub 13 de squash

Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do Club Sant Adreu en Barcelona o campionato de españa sub 13/17 de squash. A este evento acudían en representación do Vigosquash unha nutrida representación do club formada por Marta e María Domínguez, Sofía Pérez, Paula Franco, Icia Riveiro e Carla Cameselle, estas seis xogadoras acababan de participar no campionato galego copando as seis primeiras posicións.

Marta e María Domínguez plantáronse en semifinais non sen dificultades pero aínda chegaron mais lonxe, María perdería a súa semifinal por 3/2 coa búlgara que xoga por Cataluña, Selena Giorgeva e Marta accedería á semifinal co resultado de 3/2 despois dun durísimo partido coa campioa canaria Sara Rodríguez, xogando a final coa búlgara á que acabaría dominando por 3/1 conseguindo deste xeito o campionato de España sub 13.

As viguesas coparon cinco da sete primeiras posicións, Marta 1º, María 4ª, Sofía 5ª, Paula 6º e Icia Riveiro 7ª,en o que foi un éxito sen precedentes e reafirma a escola do Vigosquash como a mellor canteira de España.