Cabecera Vide

O domingo celébrase a marcha ciclista popular bicis na primavera co apoio do Concello de Vigo

marcha ciclista salidaA marcha ciclista popular Bicis na Primavera levará masivamente as bicicletas este domingo ás rúas de Vigo, nun convite que se estende a participantes de todas as idades. A saída está prevista para as 10:30 horas dende a Porta do Sol. Estará organizada polo Club Ciclista Vigués-Autronic e conta coa colaboración do Concello de Vigo.

Dende hai tres anos volveuse recuperar o percorrido das primeiras marchas populares que se celebraron en Vigo, que foron tamén as primeiras de Galicia, a finais dos anos setenta e principios dos oitenta do pasado século, coa salvidade de que en aquelas ocasións a saída dábase dende o Náutico. Haberá sorteo de regalos. As inscricións poden realizarse no Facebook do club organizador ou en Decathlon, así como dende unha hora antes na saída o domingo.

O itinerario a seguir será o seguinte: Porta do Sol, Paseo de Alfonso, Pi Margall, López Mora, Camelias, Praza de América, Avenida de Castelao (xiro na rotonda da rúa O Grove) Avenida de Castelao, Praza de América, Gran Vía, Praza de España, Pizarro, Travesía de Vigo, Bos Aires, Sanjurjo Badía, García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.

Trátase dun trazado eminentemente plano, coa pequena dificultade da suba de Praza de América e Praza de España, para axudar a tonificar os músculos, deixándoos preparados para os gratos paseos en bici da primavera e o estío, que se debe facer con moita precaución e sendo respectuosos coas normas de circulación, porque hai que compartir espazo cos coches. Aínda que este domingo, sobre o asfalto de Vigo, mandarán as bicicletas.