Roberto Mediero gaña a segunda xornada e Daniel López, o Díptico

Imprimir

ciclista vigues agosto 2015Roberto Mediero (Supermercados Froiz) gañou a segunda xornada do Grande Premio Cidade de Vigo - Díptico de Galicia, despois de rematar segundo tanto na cronoescalada coma na carreira de fondo que estaban reservadas ao segundo día de competición. Pola súa parte Daniel López (Caixa Rural) impúxose na xeral do Díptico computadas as dúas xornadas.

Intensa e moi interesante sesión de ciclista tamén a da segunda xornada, organizada polo C. C. Vigués-Autronic e que tiña como patrocinador principal ao Concello de Vigo. O destacado labor de la Policía Local e o apoio de la Cruz Vermella contribuíron en boa medida ao éxito organizativo, malia a complexidade do evento.

Mediero viu como na cronoescalada lle adiantaba por 3 segundos Luis Mendoça (Spol-Spol-Concello de Porriño), cun rexistro de 6-18, que lle deu o triunfo nesta carreira; un tempo, en todo caso, lonxe da marca da cronoescalada que establecera na pasada edición Aser Estévez, con 5-58. A terceiro posición na crono foi para Alejandro Magallanes (Bici O Con),), quen tras varios anos apartado do pelotón elite, volveu este ano nun estado de forma moi meritorio.

Na carreira de fondo o ciclista do Supermercados Froiz veríase sorprendido polo hispano-xaponés Mariño Kobyashi (Construcións Paulino), que logrou un brillante triunfo despois de conseguir neutralizar un grande ataque de Antonio Portela (Supermercados Froiz) e tomar a cabeza de carreira en solitario nas voltas finais ata alcanzar a meta destacado.

A segunda praza na carreira de fondo foi para Mediero, vencedor da xornada, e a terceira para Daniel López, que permitía adxudicarse o trofeo ao mellor do Díptico. O podio da xornada integrárono, Mediero, Mendoça e Magallanes.

A carreira de fondo resultou moi disputada por un grupo cabeceiro de 18 unidades, no que houbo representación dos equipos Construcciones Paulino, Supermercados Froiz, Caixa Rural, Spol-Spol-Concello de Porriño, Rías Baixas, Autronic-CC Vigués, Bici O Con, Cambre-Caeiro, Racing Team Gomistar e Aluminios Cortizo.

En categoría feminina, brillou Paula Sanmartín (Ciclos Iturriaga), mellor nas dúas carreiras: fondo e contra o reloxo. Nesta última, estableceu un novo record na suba con 7-57. A 9 segundos quedou Irene Trabazo (CC Marín-Ottoman) e o terceiro mellor rexistro foi para María Jesús Barros (CC Spol-Spol-Concello de Porriño), con 8-22. María Jesús Barros e Paula Sanmartín adxudicáronse a vitoria en elite e júnior, respectivamente.

A categoría cadete masculina tivo un vencedor claro en Íñigo Rodríguez de ala Escuela Ciclismo Redondela, gañador en fondo e contra o reloxo. Nesta última carreira venceu cun tempo de 6-40, 10 segundos máis que a marca da suba, e 6 segundos por diante de Jesús Rodríguez (C. C. Milagrosa) e 23 mellor que Pablo Álvarez (C. C. Cambre-Caeiro), terceiro clasificado.

No apartado feminino, vitoria para Redosinda Fernández (Cidade de Lugo) cun tempo na escalada de 8-35.

Esta edición 2015 do Grande Premio Cidade de Vigo - Díptico de Galicia confirma que o ciclismo galego recobra bríos, a pesar da precariedade na que se moven a maioría dos clubs nestes tempos.