Cabecera Vide

O Autronic-CC Vigués disputa a Volta a Zamora

O Autronic -CC Vigués disputa a Volta a Zamora, dividida nun prólogo e catro etapas. A rolda castelá, reservada ao pelotón elite-sub 23, arranca este ano na cidade de Toro e a primeira etapa en liña dispútase hoxe, xoves, entre Muelas del Pan e Benavente, sobre 137,8 quilómetros.

A etapa reina celebrarase o venres, entre Lubián e o alto do Padornelo, no límite con Ourense. De feito, parte do percorrido discorre por esta provincia galega.

Para esta carreira o director deportivo do conxunto vigués, Tomás Martínez, contará con: Javier Sardá, Toni Muntaner, Alejandro Lomba, Iván Sebastián, Daniel González, Aitor Portilla e Ángel De Julián

CAMPAMENTO CICLISTA EN MACEDA

Por outro lado, as categorías inferiores do club participan ata comezos da próxima semana no habitual campamento ciclista que dende hai anos o club celebra en Maceda.

Son xornadas nas que rompe coa rutina habitual, ao compaxinar adestramentos con excursións recreativo-culturais e que serven, ademais, para reforzar a convivencia.