O CC Vigués finalizou o pasado domingo, día 4, a tempada 2009 nas categorías de Escola, Cadetes e Elite-sub/23

Imprimir

En Elite sub/23 disputouse en Ribadumia a última das 4 probas que compoñen o Grande Premio Deputación de Pontevedra, na que conseguimos o 3º posto da clasificación xeral con Sergio Miguez.

O X Trofeo Concello de Teo celebrouse tamén o domingo para as categorías de Escolas e Cadetes sendo o vencedor desta última Ivan Roade, que se alzou coa vitoria despois dunha grande exhibición con máis de metade de carreira en solitario e gañando tamén as clasificacións de montaña e metas voantes.