Caixanova Halcones de Vigo despídese gañando

Imprimir

375halconesjuniorOs Halcones de Vigo gañaron o seu último partido no campionato nacional infantil de béisbol, fronte a Pamplona con lousa de 13 anotacións por 2 en partido que dende o inicio foi dominio total dos Galegos.

Desta forma o equipo de Vigo despídese do torneo con tres derrotas contra unha vitoria, aínda que as tres derrotas non din a calidade que tiveron os Halcones ao longo de todo o campionato, pero correron coa mala sorte de quedar nun grupo moi difícil, pero así é este deporte. O equipo técnico séntese moi satisfeito pola actuación dos infantís, xa que aos equipos contrarios se lles fixo moi difícil gañarlle a representación de Vigo.

Nesta última xornada hai que destacar a actuación do lanzador Marcos Estévez quen dominou á ofensiva contraria e ademais tivo unha boa actuación co bate, despachando 1 hit, 1 dobre e anotando 3 carreiras.

O equipo rapaz seguirase preparando para os vindeiros encontros e torneos, a directiva confía en que será un dos equipos máis forte do béisbol menor de España.