Cabecera Vide

Caixanova Halcones de Vigo, perde dous partidos difíciles

No Campionato Nacional de Béisbol Infantil, a representación de Galicia por medio de Caixanova Halcones de Vigo, caeu nos dous encontros celebrados o día sábado 30; polo tanto perderon a posibilidade de estar en semifinais, non obstante o equipo demostrou que para gañalos hai que xogar moi ben, xa que deron a pelexa de principio a fin contra os dous equipo que se enfrontaron que ademais son os favoritos de estar na final; pero aos Galegos tocoulles a mala sorte de estar nun grupo sumamente forte.

O primeiro encontro a Vigo tocoulles xogar contra o Viladecans de Barcelona, partido que culminou 7 anotacións por 9 a favor dos Cataláns e non foi ata o fin do partido que se soubo o gañador xa que foi moi parello de principio a fin, ademais o equipo Galego non contou coa sorte do reloxo, xa que o partido por límite de tempo das 2 horas regulamentarias tivo que pararse na quinta entrada e non se puido empezar a sexta cando o equipo viña remontando. Hai que resaltar que a distancia dende onde o lanzador efectuaba os seus envíos non eran as regulamentarias xa que estaban 3 metros máis lonxe dende onde segundo o regulamento debería estar a caixa de lanzador, isto trouxo como consecuencia o desgaste físico dos lanzadores de Los Halcones e non foi senón ao final do encontro cando a organización emendou o fallo da distancia, paro xa era un pouco tarde.

No segundo encontro os de Vigo estaban obrigados a gañar e empezaron con bo pé abrindo o marcador no inicio do xogo con tres anotacións contra o Arga de Pamplona, pero aos rapaces Galegos pegoulle o cansazo e decaeron un pouco no partido, pero aínda así deron o todo polo todo no terreo de xogo, sempre tratando de emparellar xa que os Navarros se foron arriba ata por tres carreiras. Finalmente o partido culminou 10 carreiras a 7 en 5 entradas que se xogou pola regra das 2 horas máximas de partido. Nesta ocasión os Falcóns contaron coa mala sorte de decisións arbitrais dubidosas que co tempo desbenifició ao equipo galego.