Triple partido de División de Honra de béisbol

Imprimir

El Llano 4 Vs Halcones 6. O partido suspendido entre El Llano de Asturias e os Halcones de Vigo levouse a cabo o 1º de Abril. Os Halcones abriron o marcador con 4 carreiras no 4º ining. A carreira gañadora foi anotada polas pernas de Trillo quen alcanzou a primeira por base por bólas, seguidamente impulsouno Morais cun imparable dobrete polo xardín esquerdo.

Pola súa parte Ronny Materano conseguiu a inicial por medio dun erro de tiro da terceira base a primeira, o cal permitiu que Trillo avanzase a terceira e Materano tomase a segunda. Juan Castro (Mouta) conectou un sinxelo polo xardín dereito o que aproveitaron Trillo e Materano para entrar en carreira. Caracas entregaría un Out cun elevado por primeira. Marcos Marques empurro a carreira de Mouta cun dobre polo xardín dereito. A entrada finalizaría cos outs de Pimentel e Bugallo ambos os dous pola via 63, é dicir con asistencia do campo curto a primeira. A distancia aumentaríana as carreiras anotadas unha no quinto e outra no sétimo.

O chairo pola súa parte reaccionou cunha carreira no 5º e tres máis en 7º.
O xogo gañado anótaselle a Ricardo Balsa quen lanzou 7 entradas completas con 6 ponches, 3 bases por bólas e 11 hits.

BILBAO 3 HALCONES 2.  Unha vez máis a nova regra do extra ining fulmina un xogo que Halcones comezou gañando.
Dende o primeiro ining os vigueses sorprenderon anotando 2 carreiras, logo o San Ignacio respondeu cunha carreira na mesma entrada. Non foi senón ata o quinto que Bilbao anotou o empate, manténdose o partido en empate a dous ata o noveno forzando o extraininig.
Aplicando o regulamento de extraining colocáronse corredores en segunda e primeira. Os vigueses non puideron anotar a carreira da vitoria debido a que Ronald Caracas "foi rebentado" no home e ao entregar os outros dous out deixando homes en terceira e segunda.
O lanzador do partido foi Román Carrasco que fixo un magnífico traballo dando 8 ponches, 6 bases por bólas e permitindo 6 hits. Para o compromiso de ining adicional, o adestrador Diego Torres confiou no veterano Rafael Gomera. Non obstante os bilbainos sorprenderon cun toque de sacrificio enchendo as bases e gañaron o partido por unha carreira produto dunha base por bólas onde a lesión sufrida por Gomera lle pasou factura.

BILBAO 9 VS HALCONES 2. Tantos compromisos nunha mesma fin de semana pasan factura e máis sabendo a carencia de lanzadores nacionais que se esixen para o segundo partido. Este partido viu pasar pola lomita dos Halcones 4 lanzadores entre eles Caracas, Pimentel e Trillo converténdose nun pesadelo para o adestrador Diego Torres.

Con 3 vitorias de 10 xogos e cun atraso de dous partidos Halcones ocupa o noveno lugar da táboa.