Halcones gaña o primeiro partido contra El Llano a pesar da suspensión por chuvia

Imprimir


mota-3-hits-de-3-turnosO segundo xogo queda posposto para as xornadas de recuperación. No partido entre El Llano de Asturias e Halcones de Vigo, o lanzador abridor polos Halcones de Vigo foi Rafael Gomera cun excelente desempeño que inhabilitou os bates asturianos.  

Pola súa parte a artillaría Viguesa respondeu conectando 7 indiscutibles, entre os que se destacou Juan Castro Mouta con 3 hits nas súas 3 quendas ao bate.

A carreira gañadora foi impulsada por Trillo nas pernas de Henfeld.   Por outra parte a defensa rematou o partido con 0 erros.

Na sexta entrada Román Carrasco relevou a Gomera e logo de conseguir o prime out da entrada, o equipo arbitral decidiu deter o partido debido á intensa chuvia que comezou a caer.    Logo de 20 minutos de espera e debido a que a precipitación non amainaba, o dúo arbitral decidiu suspender o partido.   Segundo o regulamento un partido suspendido por condicións meteorolóxicas adversas será considerado como regulamentario se se xogan 5 entradas completas...

Esta vitoria permite aos Halcones endereitar un pouco o seu voo despois da dobre derrota sufrida a semana pasada.

El LLano 0
Halcones 5