Halcones estréanse esta tempada cunha vitoria e unha derrota en Pamplona

Imprimir

374ronny-materano-en-accionFoi unha guerra de lanzadores que demostra o excelente nivel do beisbol español

Primeiro partido, Sábado 06/03/09 - Pamplona 1 - Halcones 3
Halcones comezaron gañando anotando a súa primeira carreira no primeiro ining, logo incrementou a diferenza nunha carreira no segundo e outra máis no terceiro.

Rafael Gomera, foi o encargado de lanzar por os Vigueses, facendo e un excelente traballo non permitindo ningunha carreira ata o 7º cando foi relevado por Román Carrasco, que rematou sen problema o partido. As sensacións transmitidas polo equipo foron moi favorables dando 7 hits e sen cometer ningún erro defensivo.   A carreira gañadora foi impulsada por Morais e Rafael Gomera obtivo o seu primeiro xogo gañado desta tempada.

Segundo xogo, Domingo 07/03/2010 - Pamplona 6 - Halcones 2
Neste partido invertéronse os papeis, xa que Pamplona madrugou conseguindo a súa primeira carreira na súa primeira quenda ao bate.  Non obstante o Novato lanzador Diego Corvalan, con 18 anos recén cumpridos, non se deixou amedrentar e mantívose cun lanzamento firme, logrando que o marcador se empatase a unha carreira no terceiro.   O desempeño seguiu sendo excelente ata o 7º onde Corvalan entregou 3 bases por bóla.   Diego Torres relevoulle no montículo co experto Marcos Trillo. Non obstante a Trillo non lle sorriu a sorte xa que deu boleto ao primeiro bateador o que provocou unha carreira por estar as bases cheas e logo permitiu un dobre que puxo o marcador en 5 carreiras por 1.

No oitavo Halcones anotou a súa segunda carreira pero foille imposible recuperarse do revés do quinto ining.    Diego Torres considera que para poder garantir a vitoria no segundo xogo "necesitamos outro picher nacional para relevar "...

O sabor da derrota no segundo xogo eclipsa a vitoria do primeiro, non obstante non lle foi mal aos Vigueses, que deixan en terras Pamplonesas o nome de Galicia en alto.