Campionato de softbol "in door"

Imprimir

O campionato de Softbol "in door" da Liga Xunta de Galicia Infantil, deu comezo este Sábado 20 de Febreiro no Polideportivo da localidade de Cambre en A Coruña.

No primeiro encontro disputado ás 11.00 horas os nenos do Beisbol Cambre impuxéronse cun marcador moi axustado por 9 carreiras a 8.

Ata o terceiro ining os Halcones de Vigo ían gañando o xogo por cinco carreiras a catro, pero a partir da 4ª entrada os de Cambre anotaron cinco carreiras e os nosos nenos non lograron alcanzar.

A aliñación do encontro foi a seguinte: Leopoldo Rodríguez (8), Tomas Rodríguez (7), Raúl Bugallo (4), Pablo Saldaña (6), Diego Rodríguez (5), Antón Suarez (3), Rubén Álvarez (1) e Eloy Sande (2), á defensa destacaron Tomas Rodríguez, Rubén Álvarez e Daniel Vaquero que incorporouse ao encontro na 3ª entrada substituíndo a Tomás Rodríguez.

No segundo encontro os nenos do Halcones de Vigo viviron un partido emocionante ata o 6º e último ining, grazas á grande ofensiva onde sobresaíron entre outros Pablo Saldaña, Raúl Bugallo e David Moreira con 4 hits cada un, mentres que Eloy Sande, Leopoldo Rodríguez e Diego Rodríguez conectaban par de sinxelos cada un.

O próximo sábado ás 11:00 horas levarase a cabo no Pavillón das Travesas a 2ª e última xornada da liga infantil de softbol "in door" liga Xunta de Galicia.