Os Halcones de Vigo derrotaron a El LLano

Imprimir

20150519 halconesOs Halcones de Vigo conseguiron derrotar a El Llano de Gijón, no enfrontamento que tivo lugar o pasado sábado en Vigo, en partido correspondente á novena xornada de la Primeira División. Con esta vitoria, o equipo vigues aséntase na cuarta praza con balance de cinco gañados e tres perdidos e achégase cada vez mais a lograr o obxectivo desta tempada, ser campión.

No encontro, a primeira vantaxe tomárona os visitantes e ao peche da terceira entrada dominaban 0 a 2. Os Halcones de Vigo fóronse metendo no partido e carreira a carreira foron mantendo a igualdade.

Tarache tivo que ser relevado no sexto inning nunha situación complicada, pero deixando o partido sen decisión, entrou o apagalumes Gabriel Méndez realizando un gran relevo.

Os valencianos seguiron o seu ritmo e puxeron contra as cordas os vigueses ao anotar unha na sétima e outra na oitava que os achegaba á súa primeira vitoria do ano.

El LLano comezou arriba con dúas carreiras na terceira entrada. Pola súa parte os Halcones igualaron o encontro na quinta, grazas ao batazo imparable de Marco Márquez, conectando unha linea ata o fondo da vaia, que permitio facer un home run de pernas e impulsar a Marcos Luis que xa estaban en base. Os Halcones seguiron anotando carreiras 3 mais na septima e 2 na oitava, para así sentenciar o encontro. O Lanzador gañador foi Alain González, que solo permitiu 4 hits e deu dous boletos.

En resumo, un xogo moi igualado, cuns asturianos moi loitadores e que venderon cara a súa derrota. Para os locais, satisfacción polo resultado e a vista posta en seguir sumando para alcanzar o obxectivo que é estar entre os primeiros.