O Halcones tráese unha vitoria importante de Asturias

Imprimir

halconesNovamente o lanzador Andrés Fernández (zurdo) estivo brillante no partido disputado esta fin de semana, que permitiu coa súa grande actuación traer a vitoria a Vigo por un resultado axustado de 6 carreiras a 5. O partido comezárono perdendo os Halcones, por dúas carreiras no primeiro ining, que os pupilos vigueses non lograron igualar ata a sexta entrada, e despois fóronse arriba con dous mais en la sétimo.

Os asturianos reaccionaron anotando tres carreiras mais e puxeron o seu mellor picher para pechar o encontro, poñendo así contra as cordas aos galegos. Foi entón aí cando mellor funciono a ofensiva de Halcones; as ganas e a inspiración dos xogadores que sacaron as súas poutas na novena entrada conseguindo poñerse por diante con 2 carreiras mais.

Así pois cabe destacar a grande actuación á ofensiva dos bateadores visitantes Marcos Luis e Marco Márquez, os cales impulsaron as carreiras do empate e da vitoria.