Cabecera Vide

Os Halcones de Vigo gañan o seu partido combinando unha boa defensa cunha excelente ofensiva

20150418 halconesO lanzador Andrés Fernández estivo dominante unha vez mais no montículo e tivo a axuda da parte ofensiva os que fabricaron 1 carreira na segunda entrada, 2 na terceira, e 1 na sexta, sétima e oitava mentres os coruñeses solo puideron facer 3 carreiras. Desta forma os vigueses non tiveron problemas en gañar o partido correspondente á sexta xornada, por un resultado final de 6 carreiras a 3.

Neste partido cabe destacar o labor de todo o equipo tanto á ofensiva como a defensiva, os pichers Andrés Fernández e Miguel Groba, coa axuda excelente do cacher Marcos Luis Fernández, fixeron un gran labor.

Agora a próxima cita será en Asturias o próximo domingo, onde o equipo seguirá sumando vitorias para subir postos na clasificación.