Cabecera Vide

Este sábado, nova xornada da Liga Open de Sofbol feminina para o Halcones

Despois de aprazarse a primeira xornada da Liga open de sofbol feminina, este sábado as xogadoras do Halcones de Vigo reciben aos equipos de Lume (Lugo) e Béisbol Cambre (Coruña), en horario de 12:30 e o seguinte a continuación. Dende o club vigués invítannos a asistir e apoiar aos nosos clubs galegos en pro do desenvolvemento do Sofbol na nosa comunidade.