Os Halcones, subcampions da Copa Xunta de béisbol

Imprimir

O equipo senior do Halcones de Vigo quedou subcampión da Copa de Béisbol Senior da Xunta de Galicia. Despois dun emocionante encontro o equipo de Cambre alzouse como Campión da Copa.

O pasado sábado disputouse no campo Acea de Ama en Coruña, a final da Copa de Béisbol Senior da Xunta de Galicia entre os Halcones de Vigo e o Club de Béisbol de Cambre (5-2).

Despois dun emocionante encontro o equipo local alzouse co triunfo. Non obstante cabe resaltar o arduo esforzo do equipo vigués que loitou ata o último out, ata o último strike. José Delio "Channel" lanzou o partido completo por parte de Los Halcones, efectuando un labor excepcional, dominando a grande maioría dos grandes bateadores de Cambre.

Agora a cita é para o inicio da Liga Nacional que comezará o día 10. Os Halcones desprazaranse a terras andaluzas para enfrontarse ao Sevilla Red Sox.