Malia o grande esforzo, Cambres volveu impoñerse ao Halcones na Copa Xunta de béisbol

Imprimir

halconesDespois dun vibrante encontro no campo da Coruña a pasada fin de semana, o equipo local de Cambres levou a vitoria ante o Halcones de Vigo cun marcador a favor de 9 a 7 na Copa Xunta de Galicia de béisbol. Ao comezo do partido o equipo vigués marcou 6 carreiras que lles serviron como grande colchón durante 3 innings, non obstante, o equipo local se impuxo e comezou a dominar o partido ata chegar a empatarse por 7 carreiras nas últimas entradas.

A estas alturas disputábase un encontro moi vibrante entre ambos os dous clubs. Na sétima entrada os de Cambre puxéronse arriba por dúas carreiras que a pesar do grande esforzo de Los Halcones non puideron ser remontadas.

Cabe destacar o labor de Alain Gonzalez, como lanzador relevo que mantivo a raia ao equipo de Cambres por 5 1/3 innings.

A próxima fin de semana disputarase a grande final da Copa Xunta de Galicia de Béisbol Senior novamente entre estes grandes equipos no campo de Acea de Ama, en Coruña.