Cabecera Vide

Inicio da Copa Galega de béisbol coa participación dos Halcones de Vigo

Halcones_Copa_XuntaO pasado domingo iniciouse a Copa Xunta de Galicia Senior de béisbol onde os Halcones de Vigo saíron vitoriosos do primeiro encontro disputado contra Leóns BBC en Sigueiro, Santiago de Compostela. A última fin de semana invernal trouxo consigo non só un espectacular inicio primaveral, senón tamén viño acompañado do comezo da Copa Galega de Béisbol Senior.

Os Halcones inauguraron o torneo cun moi bo resultado ao seu favor para seguir obtendo éxitos e triunfos co fin de quentar os motores de cara aos seguintes encontros e prepararse para o Torneo Nacional.

O equipo Senior venceu 16 a 2 aos Leóns BBC, nunha xornada que rematou por nocaut na sétima entrada. Dende moi temperán os Halcones adiantáronse en boa medida no marcador, por 8 carreiras a 0 na primeira entrada. Posteriormente, o pitcheo e a defensiva permitiron manter o marcador a raia contra os Leóns, que non puideron frear as sucesivas carreiras que abriron o resultado de forma tal de culminar o partido antes de tempo.