Cabecera Vide

O Halcones renuncia á máxima categoría de béisbol

374ronny-materano-en-accionO Halcones de Vigo, club pentencente ao programa Siareiros elite da Fundación VIDE, renunciará, unha vez máis, á División de Honra do béisbol nacional. O motivo non é outro que a imposibilidade de reformar o campo de Ás Prantas. O pasado mes de xullo, o equipo vigués conseguiu o ascenso á máxima categoría.

O Halcones de Vigo necesita dispoñer dun campo de herba, natural ou artificial, e o seu actual terreo de xogo presenta numerosas zonas de terra.

A decisión non é oficial aínda, o prazo para inscribir o equipo en División de Honra non finaliza ata final de ano, pero non teñen outra opción.

Os de Vigo xogaron catro tempadas na máxima categoría, grazas á reforma que o Concello de Vigo levou a cabo no campo, pero a herba desapareceu e o equipo viuse obrigado a descender á segunda categoría do béisbol nacional.