rivas_halcones_junio_2013Os Halcones de Vigo encadearon dúas novas derrotas, tras a súa visita a pasada fin de semana a Madrid, onde o Rivas Vacia Madrid gañaou ambos os dous partidos con vitorias de 9 x 7 no primeiro choque e de 12 x 2 no segundo enfrontamento.

A primeira hora abriu polos vigueses Marcos Trillo que lanzou un formidable partido, que ata a sétima entrada solo permitira 1 carreira e o equipo ía gañando de seis, pero os despropósitos de erros cometidos pola defensiva viguesa, fixeron que o equipo de Rivas levase finalmente a vitoria.

A segunda hora e cun equipo moi esgotado, fisicamente e moralmente, os vigueses desincháronse pronto e os madrileños xa gañaban 7 a 2 na terceira entrada, finalmente conseguindo o partido.