Unha dobre vitoria na casa mantén o sono dos Halcones

Imprimir

halcones_junio_13Os Halcones de Vigo conseguiron derrotar por dúas veces ao Estrellas Negras de Murcia, tras o dobre enfrontamento que tivo lugar este sábado en Vigo. Con estas vitorias, o equipo vigués aséntase na segunda praza con balance de tres gañados e tres perdidos.

A primeira hora xogouse o primeiro partido con vitoria para os Falcóns por 18 carreiras a 7. Tras un mal comezo no primeiro ining permitindo 6 carreiras, o equipo repúxose e remontou comodamente destacando o relevo como picher dende o primeiro ining ao xogador Ronal Caracas, que realizou un bo traballo ata a oitava entrada.

No segundo partido, o tándem técnico local designo a José Delio Cabral para abrir, realizando unha boa actuación que ato as mans aos murcianos, tendo controlado o partido en todo momento.

Cabe destacar a ofensiva do xogador Rafael Marte cun día perfecto ao batear 8 indiscutibles en 10 visitas ao home plate.

A cita agora é para o día 16 en Madrid, contra o rival máis directo do equipo vigués.