Cabecera Vide

Halcones gañan ao Cambre nun amigable e a Federación dalle por perdidos os seus partidos de Tenerife

cambreO equipo senior do Halcones de Vigo de béisbol non puido viaxar a Tenerife para enfrontarse ao Marlins Puerto Cruz e a Real Federación Española de Béisbol e Sófbol (Rfebs) decidiu que a incomparecencia supón unha dobre derrota viguesa por 9-0.

De todos os xeitos, o equipo vigués, que na súa terceira tempada no campionato está situado en postos perigosos, non deixou de lado a actividade. Os locais recibiron a visita do Béisbol Cambre nun partido emocionante, xa que estivo moi parello e con moitas estratexias. Finalmente a copa tamén quedou en casa, xa que os Halcones alzáronse coa vitoria cun axustado marcador de 8 carreiras a 6.

Ademais, en cadetes e infantís houbo partidos contra Cardenales de Galicia. O equipo infantil xogou á primeira hora, quedando o partido 8 carreiras a 2 a favor de Halcones e a segunda hora o encontro culminou 10 carreiras a 5 tamén a favor dos cadetes de Vigo.