Halcones non atopa a fórmula gañadora

Imprimir

374partido halcones vs. sant. boi 20112A pasada fin de semana, Los Halcones de Vigo na División de Honra, volveron perder na casa, ambos os dous partidos, esta vez foi contra o Sant Boi de Barcelona.

O sábado a pesar de que unha vez máis o lanzador venezolano José Ángel Navas, volveu lanzar un bo partido, este non foi apoiado pola ofensiva, xa que non puideron anotar ningunha carreira a favor da causa vigués. O partido estivo moi emocionante xa que se xogou un bo béisbol, se mantivo o marcador empatado ata a quinta entrada e se viron moi boas xogadas, ademais de que os lanzadores de ambos os dous equipos estiveron moi á altura profesional. O encontro culminou 2 carreiras a 0, a favor dos cataláns.

O domingo, tampouco a sorte acompañou os Halcones, xa que volveron caer por segunda vez, pero esta vez 18 carreiras a 3. Ata a sétima entrada, o partido mantívose vivo, a lousa marcaba 6 carreiras a 2, pero na oitava e novena os lanzadores vigueses non puideron conter a ofensiva catalá e fixéronlles 5 e 7 carreiras respectivamente. Os Halconess na última oportunidade ao bate, só puideron fabricar unha soa carreira.

Os Halcones de Vigo, seguen buscando a fórmula para afiar a ofensiva, xa que foi a clave de perder tantos partidos. Non obstante seguirán traballando duro para poder saír da zona do descenso.