Cabecera Vide

Halcones divide en Pamplona contra o Navarra

374halconesfebreiro2011Os Halcones de Vigo comezan a tempada de béisbol da División de Honra gañando un partido e perdendo o segundo na cidade de Pamplona contra o Navarra Béisbol Club.

No primeiro encontro os vigueses conseguiron a vitoria con marcador de 4 carreiras a 2, con bo labor monticular do lanzador José Ángel Navas, o cal traballou durante 8 entradas completas, permitindo 5 hits e unha carreira; logo encargouse Ronny Materano de culminar o partido, que aínda que permitiu unha carreira dos navarros, puido dominar sen problemas e así adxudicarse o farelo. Cabe destacar o labor co madeiro do campocorto Domingo Trasfogueiro quen foi o toletero impulsor das carreiras importantes do partido con imparables e batazo de catro esquinas (Homerun).

Para o segundo partido a sorte dos Halcones non estivo ao seu favor, xa que a ofensiva do Navarra se fixo valer e a defensa silenciou á toletería vigués, adxudicándolle un branqueo de 6 carreiras 0. Non obstante o equipo galego tivo unha importante baixa por parte do receptor Ángel Virgüez, quen sufriu unha lesión muscular producida por un tirón cando corría cara a primeira base, e o deixará fóra de acción por unha ou dúas semanas na nova tempada.

Deste xeito Los Halcones regresan á casa cun gando e un perdido; para o próximo sábado esperarán ao equipo de San Inazio de Bilbao a partir das 16:30 horas e o segundo partido xogarase ao día seguinte ás 10:00 horas.